Sorteo de entradas para o espectáculo de maxia de Jandro Descabellado

UVigo - Comunicación 10/12/2021

Resultado do sorteo

Velaquí o nome dos gañadores e gañadoras das entradas:

  • @dritanita92
  • @anacosque
  • @beatriz_glitter
  • @patriparada

Parabéns!



Sorteo

A Universidade de Vigo sortea catro entradas dobres para o espectáculo de maxia de Jandro Descabellado. O evento terá lugar o domingo 12 de decembro, ás 18.30 h, no Auditorio Mar de Vigo.


Como participar?

  • Síguenos en Instagram e envíanos unha mensaxe privada.
  • Poderás participar hoxe, día 10 de decembro, ata as 15.00 h.
  • Confírmanos tamén, no caso de gañares, o teu consentimento para publicar o teu nome.
  • A Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais publicará nas redes sociais o nome dos beneficiarios e beneficiarias das entradas que o consentiron.
  • Co fin facilitar a xestión das entradas, comunicaráselle os datos das persoas gañadoras á organización do espectáculo.
  • Se es unha das persoas afortunadas, poderás recoller a túa entrada na taquilla do Auditorio Mar de Vigo unha hora antes do inicio do espectáculo.

 

De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos ou RXPD) e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámosvos de que os datos asociados que nos facilitedes, serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo. Só se cederán á organización do espectáculo Jandro Descabellado os datos das persoas gañadoras co fin facilitar a xestión das entradas e se publicarán os datos das persoas gañadoras que consentiron a publicación dos seus nomes nas redes sociais.

Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para xestionar o sorteo das entradas para o espectáculo Jandro Descabellado e conservaranse durante os prazos legais e/ou contractuais aplicables.

A persoa interesada ten dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou a supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a oporse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Os devanditos dereitos poderedes exercelos mediante unha solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo e presentada ante o rexistro da Universidade de Vigo, ou calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Edificio Ernestina Otero, Campus universitario Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra). 

Igualmente poderedes dirixir a dita solicitude directamente á delegada de Protección de Datos da Universidade de Vigo cuxa identidade e datos de contacto son Ana Garriga Domínguez, Facultade de Dereito, As Lagoas s/n, 32004 Ourense (España). Teléfono: 988 368 834. Enderezo electrónico: dpd@uvigo.gal.

Así mesmo, tedes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)

Información adicional: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
 

 

Máis información:

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 
viccom@uvigo.gal