CURSOS VIRTUAIS E PRESENCIAIS PARA TODAS AS PERSOAS
Títulos propios 100 % financiados pola UE-NextGenerationEU
Preinscrición aberta
O Centro de Posgrao e Formación Permanente lanza unha última edición dos cursos gratuítos de capacitación dixital no eido do transporte, loxística e mobilidade, 100 % subvencionados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, nunha convocatoria enmarcada no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
- Transformación áxil de organizacións (15 ECTS, presencial/en liña, Escola de Enxenaría Informática, Ourense)
- Infraestrutura de datos aplicados ao transporte (15 ECTS, presencial/en liña, Escola Superior de Enxeñaría Informática, Ourense)
- Dixitalización do sector de transporte e loxística (15 ECTS, presencial/en liña, Escola Superior de Enxeñaría Informática, Ourense)
- Comunicación dixital para a mobilidade (15 ECTS, presencial/en liña, Escola Superior de Enxeñaría Informática, Ourense)
- Tecnoloxías de dixitalización aplicadas á loxística industrial (15 ECTS, presencial, Escola Superior de Enxeñaría Industrial, Campus Universitario, Vigo)
As formacións están abertas a toda a cidadanía europea, sen necesidade de ABAU ou de formación universitaria previa.
Centro de Posgrao e Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 304
cpfp@uvigo.gal