PARA A COMUNIDADE UNIVERSITARIA E AS PERSOAS ALLEAS
Xa está dispoñible o Abono mUVer de verán
Nos tres campus
Os membros da comunidade universitaria e as persoas alleas xa podes adquirir o Abono mUVer de verán que inclúe:
- O deseño e o seguimento individualizado do programa de exercicio físico por parte do persoal técnico da sala de fitness.
- A valoración antropométrica
- O acceso gratuíto ás instalacións deportivas da Universidade nos tres campus durante o todo o seu horario de apertura:
- Salas cardio-fitness, tenis de mesa, pistas de atletismo (Vigo e Ourense)
- Pistas de tenis (Vigo e Ourense)
- Muro de escalada (Vigo)
- Aluguer de bicicletas BTT (Vigo)
Cómpre consultar os horarios de apertura das instalacións deportivas en cada campus.
Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:
Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal
Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal
Campus de Pontevedra
+34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal