UN PROGRAMA DA FUNDACIÓN PRINCESA DE GIRONA

Xeración Talento

Solicitudes ata o 13 de xaneiro

UVigo - Comunicación 28/11/2025

A UVigo selecciona 10 estudantes para unirse a Xeración Talento, un programa promovido pola Fundación Princesa de Girona que ten como obxectivo o desenvolvemento de competencias para mellorar a empregabilidade da mocidade.

O estudantado participante poderá acceder a ferramentas para acelerar a súa carreira profesional e terá a oportunidade de conectar con mozos e mozas de toda España. 

Como parte deste programa, a Fundación Princesa de Girona ofrece axudas económicas en concepto de desprazamento para que as persoas seleccionadas poidan asistir a algunha das actividades organizadas fóra da súa localidade de residencia.

O estudantado que participe no programa Xeración Talento poderá solicitar o recoñecemento de créditos ECTS.

Recursos formativos que poderás escoller:

  • Itinerario 1
    Mentoría de orientación profesional + xuntanzas (sprints) formativas (formación en liña) + 2 centros de desenvolvemento.
    Duración aproximada: 45 horas.  
  • Itinerario 2
    Mentoría de orientación competencial + xuntanzas (sprints) formativas (formación en liña) + 2 centros de desenvolvemento.
    Duración aproximada: 40 horas

Beneficios que che aportará o programa:

  • Impulso da carreira profesional e aumento da empregabilidade.
  • Aprendizaxe continua das competencias e das habilidades interpersoais (soft skills) máis solicitadas polo mercado laboral.
  • Coñecemento das últimas tendencias dixitais e da súa aplicación no mercado laboral.
  • Adquisición de novas perspectivas.
  • Aumento da autoconfianza.
  • Xeración de redes de contactos (networking) con profesionais das empresas líderes do país.
  • Pertencer á «Xeración Talento», unha comunidade comprometida, curiosa e corresponsable.

Requisitos para participar:

  • Ter a cidadanía española ou ser residente en España.
  • Ter entre 18 e 30 anos
  • Estar matriculado/a en terceiro ou en cuarto de calquera dos graos da UVigo no curso académico 2025/2026. 

Como participar:

Cubre o formulario de solicitude coa información solicitada e preséntaa na sede electrónica da UVigo ata o 13 de xaneiro de 2026.
 

Convocatoria

 

Máis información:

Unidade de Emprego e Emprendemento
emprego@uvigo.gal