22 de marzo

Xornada de acollida a estudantes de doutoramento

UVigo - Comunicación / Universidade 18/03/2019

A Universidade de Vigo organiza o venres 22 de marzo, de 10.00 h a 12.00 h, unha xornada de acollida a estudantes de doutoramento co obxectivo de explicarlle ao alumnado en que consiste a carreira profesional dos investigadores e investigadoras, que é a Escola Internacional de Doutoramento (EIDO) e cales son as etapas académicas nos estudos de doutoramento, entre outras.

  • Campus de Vigo: sala I do edificio Miralles
  • Campus de Ourense: aula do 2.º andar da Biblioteca Rosalía de Castro (por videoconferencia)
  • Campus de Pontevedra: seminario núm. 5 da Fac. de Ciencias Sociais e da Comunicación (por videoconferencia)

Programa
 

Inauguración
Belén Rubio Armesto, vicerreitora de Investigación
Carreira profesional das persoas investigadoras
Escola Internacional de Doutoramento (EIDO)
Etapas académicas nos estudos de doutoramento: a formación na investigación e a tese de doutoramento
Xestión administrativa, procedementos, prazos e ferramentas
Calidade no doutoramento
Mobilidade
Biblioteca
Extensión universitaria
Clausura
Natalia Caparrini Marín, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria

 

Máis información

Escola Internacional de Doutoramento
+34 986 813 442
eido@uvigo.es