NO CAMPUS DE VIGO
Xornada de Orientación Universitaria 2025
5 de febreiro, de 10.00 a 13.00 h
A Universidade de Vigo organiza unha nova edición da Xornada de Orientación Universitaria para amosarlle a súa oferta académica ao alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao superior.
A cita será o mércores 5 de febreiro, entre as 10.00 e as 13.00 h, no pavillón polideportivo do campus de Vigo e no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Máis información:
Sección de Información a Estudantes
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal