NOS TRES CAMPUS
Xornadas de benvida 2022/2023
5, 6 e 7 de setembro de 2022
Os días 5, 6 e 7 de setembro de 2022 son as datas elixidas para darlle a benvida ao novo curso dunha maneira moi especial. No teu campus haberá unha xornada pensada para ti, que comezas unha nova etapa con nós e que xa formas parte da comunidade universitaria.
Queremos que recibas toda a información necesaria para desenvolverte na vida universitaria. Para isto é fundamental que asistas entre as 10.00 e 14.00 horas ao teu campus nas datas indicadas. Poderás informarte con detalle sobre todos os servizos que ofrece a nosa universidade e tamén recibirás algún agasallo para comezar o curso da mellor das maneiras.
Ao longo de toda a xornada tamén haberá música, actividades científicas e culturais, actividades deportivas, xeados, bebidas e moito máis.
Deseguido podes acceder ao programa dos tres campus:
Campus de Pontevedra, 5 de setembro de 2022
O 5 de setembro, de 10:00 a 14:00 h, entre as facultades de Fisioterapia e de Ciencias da Educación e do Deporte, poderás informarte sobre:
- Información xeral: dereitos e deberes, tarxeta universitaria, TIC, aloxamento, transporte, voluntariado e asociacionismo...
- Bolsas e axudas
- Biblioteca
- Mobilidade (ORI)
- Centro de Linguas
- Emprego e emprendemento
- Cultura e extensión universitaria
- Benestar, saúde e deporte
- Atención á diversidade
- Unidade de Igualdade
- Delegacións e asociacións de estudantes
Ao longo de toda a xornada tamén haberá demostracións científicas, actividades culturais e deportivas, música, xogos, xeados, bebidas, agasallos e moito máis.
Información para o estudantado internacional
10.00 h | Charla informativa (Oficina de Relacións Internacionais) Presentación dos cursos de idioma (Centro de Linguas) Test de nivel de español |
Aula 06 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte |
Agardámoste!
Campus de Ourense, 6 de setembro de 2022
O 6 de setembro, de 10:00 a 14:00 h, na praza do Monumento Nós do campus de Ourense (diante da biblioteca universitaria Rosalía de Castro), poderás informarte sobre:
- Información xeral: dereitos e deberes, tarxeta universitaria, TIC, aloxamento, transporte, voluntariado e asociacionismo...
- Bolsas e axudas
- Biblioteca
- Mobilidade (ORI)
- Centro de Linguas
- Emprego e emprendemento
- Cultura e extensión universitaria
- Benestar, saúde e deporte
- Atención á diversidade
- Unidade de Igualdade
- Delegacións e asociacións de estudantes
Ao longo de toda a xornada tamén haberá demostracións científicas, actividades culturais e deportivas, música, xogos, xeados, bebidas, agasallos e moito máis.
Información para o estudantado internacional
10.00 h | Charla informativa (Oficina de Relacións Internacionais) Presentación dos cursos de idioma (Centro de Linguas) Test de nivel de español |
Aula Magna da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo |
Agardámoste!
Campus de Vigo, 7 de setembro de 2022
O 7 de setembro, de 10:00 a 14:00 h, na praza Miralles do campus de Vigo, poderás informarte sobre:
- Información xeral: dereitos e deberes, tarxeta universitaria, TIC, aloxamento, transporte, voluntariado e asociacionismo...
- Bolsas e axudas
- Biblioteca
- Mobilidade (ORI)
- Centro de Linguas
- Emprego e emprendemento
- Cultura e extensión universitaria
- Benestar, saúde e deporte
- Atención á diversidade
- Unidade de Igualdade
- Delegacións e asociacións de estudantes
Ao longo de toda a xornada tamén haberá demostracións científicas, actividades culturais e deportivas, música, xogos, xeados, bebidas, agasallos e moito máis.
Información para o estudantado internacional
10.00 h | Charla informativa (Oficina de Relacións Internacionais) Presentación dos cursos de idioma (Centro de Linguas) Test de nivel de español |
Salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Agardámoste!
Non faltes e vive con nós o inicio do curso na Universidade de Vigo!
#SempreUVigo
Máis información:
Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal