NOS TRES CAMPUS

Xornadas de benvida 2024/2025

4, 5 e 6 de setembro

UVigo - Comunicación 11/07/2024

Os días 4, 5 e 6 de setembro de 2024 son as datas elixidas para darlle a benvida ao novo curso dunha maneira moi especial. No teu campus haberá unha xornada pensada para ti, que comezas unha nova etapa con nós e que xa formas parte da comunidade universitaria.

Queremos que recibas toda a información necesaria para desenvolverte na vida universitaria. Para isto é fundamental que asistas entre as 10.00 e as 13.00 horas ao teu campus nas datas indicadas.

Poderás informarte con detalle sobre todos os servizos que ofrece a nosa universidade e tamén recibirás a axenda 2024/2025 e algún agasallo máis para comezar o curso da mellor das maneiras. 

Ao longo de toda a xornada tamén haberá música e moito máis.

Deseguido podes ver o programa dos tres campus:
 

O 4 de setembro, de 10:00 a 13:00 h, no pavillón universitario, informarémoste sobre:

  1. Información xeral. TIC, dereitos e deberes do alumnado
  2. Transporte e aloxamento
  3. Voluntariado e asociacionismo
  4. Bolsas e axudas
  5. Centro de Posgrao e Formación Permanente
  6. Servizo de Posgrao
  7. Biblioteca
  8. Mobilidade (ORI)
  9. Centro de Linguas
  10. Emprego e emprendemento
  11. Extensión universitaria
  12. Benestar, saúde e deporte
  13. Atención á diversidade
  14. Unidade de Igualdade
  15. Delegacións e asociacións de estudantes

Ao longo de toda a xornada tamén haberá música, agasallos e moito máis. 

Sesión de benvida para o estudantado internacional

De 10.00 a 12.00 h
No salón de graos Vicente Risco do edificio de Ferro

Programa

- Charla informativa (Oficina de Relacións Internacionais)
- Presentación de Buddy Program (ESN Vigo)
- Presentación dos cursos de idiomas (Centro de Linguas)
- Test de nivel de español    

 

O 5 de setembro, de 10:00 a 13:00 h, na Escola de Enxeñaría Forestal (campus da Xunqueira), informarémoste sobre:

  1. Información xeral. TIC, dereitos e deberes do alumnado
  2. Transporte e aloxamento
  3. Voluntariado e asociacionismo
  4. Bolsas e axudas
  5. Centro de Posgrao e Formación Permanente
  6. Servizo de Posgrao
  7. Biblioteca
  8. Mobilidade (ORI)
  9. Centro de Linguas
  10. Emprego e emprendemento
  11. Extensión universitaria
  12. Benestar, saúde e deporte
  13. Atención á diversidade
  14. Unidade de Igualdade
  15. Delegacións e asociacións de estudantes

Ao longo de toda a xornada tamén haberá música, agasallos e moito máis. 

Sesión de benvida para o estudantado internacional

De 10.00 a 12.00 h
Na aula 06 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Programa

- Charla informativa (Oficina de Relacións Internacionais)
- Presentación de Buddy Program (ESN Vigo)
- Presentación dos cursos de idiomas (Centro de Linguas)
- Test de nivel de español    

 

O 6 de setembro, de 10:00 a 13:00 h, no pavillón de deportes do campus de Vigo, informarémoste sobre:

  1. Información xeral. TIC, dereitos e deberes do alumnado
  2. Transporte e aloxamento
  3. Voluntariado e asociacionismo
  4. Bolsas e axudas
  5. Centro de Posgrao e Formación Permanente
  6. Servizo de Posgrao
  7. Biblioteca
  8. Mobilidade (ORI)
  9. Centro de Linguas
  10. Emprego e emprendemento
  11. Extensión universitaria
  12. Benestar, saúde e deporte
  13. Atención á diversidade
  14. Unidade de Igualdade
  15. Delegacións e asociacións de estudantes

Ao longo de toda a xornada tamén haberá música, agasallos e moito máis.

Información de Vitrasa: o venres 6 de setembro ofrecerase o servizo completo de lanzadeiras U1 e U2 ademais das liñas A e 15C.

Sesión de benvida para o estudantado internacional

De 10.00 a 12.00 h
No salón de actos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Programa

- Charla informativa (Oficina de Relacións Internacionais)
- Presentación de Buddy Program (ESN Vigo)
- Presentación dos cursos de idiomas (Centro de Linguas)
- Test de nivel de español    

 

 

Non faltes e vive con nós o inicio do curso na Universidade de Vigo! Agardámoste!

#MáisUVigo
 

Novas e vídeos relacionados:

 

Máis información:

Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586 | 986 130 270
estudantes@uvigo.gal | tecnica.captacion@uvigo.gal