NOS TRES CAMPUS
Xornadas de benvida 2025/2026
3, 4 e 5 de setembro
Os días 3, 4 e 5 de setembro de 2025 son as datas elixidas para darlle a benvida ao novo curso dunha maneira moi especial.
No teu campus haberá unha xornada pensada para ti, que comezas unha nova etapa con nós e que xa formas parte da comunidade universitaria.
Queremos que recibas toda a información necesaria para desenvolverte na vida universitaria. Para isto é fundamental que asistas entre as 10.00 e as 13.00 horas ao teu campus nas datas indicadas.
Poderás informarte con detalle sobre todos os servizos que ofrece a nosa universidade e tamén recibirás a axenda 2025/2026 realizada coa axuda económica do Consello Social da UVigo e algún agasallo máis para comezar o curso da mellor das maneiras.
Ao longo de toda a xornada tamén haberá música e moito máis.
Deseguido podes ver o programa dos tres campus:
Campus de Ourense, 3 de setembro de 2025
O 3 de setembro, de 10:00 a 13:00 h, no pavillón universitario, informarémoste sobre:
- Información xeral. TIC, dereitos e deberes do alumnado
- Transporte e aloxamento
- Voluntariado e asociacionismo
- Bolsas e axudas
- Centro de Posgrao e Formación Permanente
- Servizo de Posgrao
- Biblioteca
- Mobilidade (ORI)
- Centro de Linguas
- Emprego e emprendemento
- Extensión universitaria
- Benestar, saúde e deporte
- Atención á diversidade
- Unidade de Igualdade
- Delegacións e asociacións de estudantes
Ao longo da xornada recibirás agasallos e moito máis.
Sesión de benvida para o estudantado internacional
Ás 10.30 h
Aula Magna-Empresariais, Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Programa
- Charla informativa (Oficina de Relacións Internacionais)
- Presentación de Buddy Program (ESN Vigo)
- Presentación dos cursos de idiomas (Centro de Linguas)
- Test de nivel de español
Campus de Pontevedra, 4 de setembro de 2025
O 4 de setembro, de 10:00 a 13:00 h, na Escola de Enxeñaría Forestal (campus da Xunqueira), informarémoste sobre:
- Información xeral. TIC, dereitos e deberes do alumnado
- Transporte e aloxamento
- Voluntariado e asociacionismo
- Bolsas e axudas
- Centro de Posgrao e Formación Permanente
- Servizo de Posgrao
- Biblioteca
- Mobilidade (ORI)
- Centro de Linguas
- Emprego e emprendemento
- Extensión universitaria
- Benestar, saúde e deporte
- Atención á diversidade
- Unidade de Igualdade
- Delegacións e asociacións de estudantes
Ao longo da xornada recibirás agasallos e moito máis.
Sesión de benvida para o estudantado internacional
Ás 10.30 h
Aula 6, Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Programa
- Charla informativa (Oficina de Relacións Internacionais)
- Presentación de Buddy Program (ESN Vigo)
- Presentación dos cursos de idiomas (Centro de Linguas)
- Test de nivel de español
Campus de Vigo, 5 de setembro de 2024
O 5 de setembro, de 10:00 a 13:00 h, no pavillón de deportes do campus de Vigo, informarémoste sobre:
- Información xeral. TIC, dereitos e deberes do alumnado
- Transporte e aloxamento
- Voluntariado e asociacionismo
- Bolsas e axudas
- Centro de Posgrao e Formación Permanente
- Servizo de Posgrao
- Biblioteca
- Mobilidade (ORI)
- Centro de Linguas
- Emprego e emprendemento
- Extensión universitaria
- Benestar, saúde e deporte
- Atención á diversidade
- Unidade de Igualdade
- Delegacións e asociacións de estudantes
Ao longo da xornada recibirás agasallos e moito máis.
Información de Vitrasa: o venres 5 de setembro ofreceranse reforzos eventuais das liñas A e 15C.
Sesión de benvida para o estudantado internacional
Ás 10.00 h
Salón de actos, Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Programa
- Charla informativa (Oficina de Relacións Internacionais)
- Presentación de Buddy Program (ESN Vigo)
- Presentación dos cursos de idiomas (Centro de Linguas)
- Test de nivel de español
Non faltes e vive con nós o inicio do curso na Universidade de Vigo! Agardámoste!
#XeraciónUVigo
Novas e vídeos
- A Universidade de Vigo abre as súas portas ao novo alumnado (Duvi Ourense, 3/9/2025)
- A Universidade recibe o seu novo estudantado amosándolle todo o que ofrece fóra das aulas (Duvi Pontevedra, 4/9/2026)
- Máis de 2000 estudantes nas xornadas de benvida ao novo alumnado da UVigo (Duvi, 5/9/2025)
- Vídeo das Xornadas de Benvida do curso 2025/2026
Máis información:
Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586 | 986 130 270
estudantes@uvigo.gal | tecnica.captacion@uvigo.gal




