NOS TRES CAMPUS

Xornadas de Portas Abertas 2022

14, 15 e 16 de xuño

UVigo - Comunicación 13/06/2022

Volven as Xornadas de Portas Abertas presenciais á Universidade de Vigo!

Esta actividade está especialmente dirixida ás familias e a estudantes de bacharelato ou de ciclos formativos de grao superior que desexen coñecer en primeira persoa as infraestruturas e a oferta académica da Universidade de Vigo.

Nas xornadas de portas abertas poderás coñecer as principais características da UVigo, a súa oferta educativa e visitar todas as facultades, escolas e principais instalacións de cada un dos campus.

Esperamos que, despois de visitarnos e coñecer máis de preto a Universidade de Vigo, sexa máis fácil tomar unha decisión tan importante coma elixir unha titulación na que poder desenvolver as túas capacidades e habilidades. 

As xornadas realizaranse en todos os centros dos tres campus, en horario de mañá, e non cómpre inscribirse:
 

Campus de Ourense
14 de xuño de 2022

Campus de Pontevedra
15 de xuño de 2022

Campus de Vigo
16 de xuño de 2022

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal