
Comunicación
A Universidade de Vigo aposta pola comunicación como un dos principais valores para contribuír á mellora dos procesos de interrelación interna e externa
As universidades, como calquera outra organización, transmiten unha imaxe composta por tanxibles e intanxibles que van desde a máis visible publicidade ou difusión en medios dos seus eventos e accións puntuais ata os valores que fan chegar cada unha das persoas que forman parte da comunidade.
A través dunha maior abertura das vías de información e comunicación coa comunidade universitaria e coa sociedade, a institución apoia firmemente o fomento da participación do alumnado, do persoal docente e investigador e do persoal de administración e servizos, así como a promoción do diálogo cos axentes externos.
Na súa xestión da comunicación institucional, a Universidade de Vigo prima a transmisión dos seus valores, a visibilización da docencia, da investigación e da transferencia, a captación de estudantes, a proxección internacional e, ante todo, o rendemento de contas e a transparencia, tanto á comunidade universitaria como á sociedade en xeral.
Baixo a batuta da dirección en comunicación, canalízanse os diferentes soportes existentes: a UVigo TV, o Duvi, a Área de Imaxe ou o Gabinete de Prensa. Non obstante, co ánimo de coherencia da mensaxe, a estratexia de coordinación é o paraugas que ampara a institución. Todas as áreas deste mapa de territorios por especialidades e de persoas de ámbitos distantes, borrarán as súas fronteiras grazas á comunicación interna. Porque cada un e cada unha de nós somos a Universidade de Vigo, esa unión e sentimento de pertenza será sinxelo de transmitir ao exterior.
Plan de comunicación
O I Plan de comunicación da Universidade de Vigo é un documento de traballo aberto que constitúe unha folla de ruta imprescindible para organizar as nosas accións e os nosos retos comunicativos para o futuro.
Coa colaboración e co esforzo de todas as persoas que formamos a comunidade universitaria, estamos seguros de que este plan nos axudará a continuar escalando postos nas clasificacións de transparencia e a estreitar os vínculos con todos os nosos públicos.
- I Plan de comunicación da Universidade de Vigo
- Plan director 2023
- Plan director 2024
- Plan director 2025
Máis información:
Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal