I SIMPOSIO INTERUNIVERSITARIO
Aprendizaxe-servizo e Axenda 2030: integrando os ODS e a cooperación universitaria ao desenvolvemento na docencia
7 de novembro
A Área de Equidade e Cooperación, en colaboración coa Facultade de Educación e Traballo Social, organiza o I Simposio interuniversitario: Aprendizaxe-servizo e Axenda 2030: integrando os ODS e a cooperación universitaria ao desenvolvemento na docencia.
No marco das actividades da Rede Galega de Cooperación Universitaria (RGCU) e co apoio das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, o simposio terá lugar o 7 de novembro de 2025 na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense.
Persoas destinatarias
O simposio diríxese ao persoal docente e investigador, ao alumnado, así como ás traballadoras e traballadores das entidades sociais e ao público en xeral que teña interese na metodoloxía de aprendizaxe e servizo (ApS) e na cooperación universitaria ao desenvolvemento (CUD).
Acreditación da asistencia
A organización emitirá unha acreditación de asistencia de 10 horas de formación por asistir ao evento completo.
Obxectivos
- Promover o coñecemento da metodoloxía de aprendizaxe servizo e da cooperación universitaria ao desenvolvemento na universidade.
- Reflexionar sobre o potencial da metodoloxía de aprendizaxe-servizo para incluír os ODS na docencia.
- Incentivar sinerxías conxuntas entre entidades sociais e universidade
- Contribuír ao establecemento dunha comunidade interuniversitaria en materia de ApS.
Comité organizador
- Vicerreitoría de Extensión Universitaria
- Facultade de Educación e Traballo social.
- Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento;
- Henar Quintas Salgado (UVigo)
- Acacia Naves García-Rendueles (UDC)
-Javier Agrafojo Fernández (USC)
Comité científico
- Elisa Alén González (UVigo)
- Almudena Alonso Ferreiro (UVigo)
- Ana Isabel Ares Pernas (UDC)
- Fátima Braña Rey (UVigo)
- Lucía Casal de la Fuente( UVigo)
- Trinidad Domínguez Vila (UVigo)
- Jesús Deibe Fernandez Simo (UVigo)
- Yolanda García Vazquez (UVigo)
- Sidonia Martínez Suárez (UVigo)
- Isabel Mociño González (UVigo)
- María José Perez Álvarez (Uvigo)
- Miguel Ángel Santos Rego(USC)
- Alexandre Sotelino Losada (USC
- María José Vázquez Figueirido (UVigo)
Presentación de pósteres
O día 7 de novembro, entre as 18.00 e as 20.00 horas, está prevista unha sesión de presentación de pósteres que recollan os resultados de investigacións ou de experiencias sobre a cooperación ao desenvolvemento no ámbito da universidade. A impresión dos pósteres correrá a cargo das persoas que os presenten.
Quen pode participar?
Quen estea investigando sobre aprendizaxe-servizo, con especial atención a aqueles proxectos que integren os ODS ou a cooperación universitaria ao desenvolvemento nos proxectos ou quen queira dar a coñecer o proxecto aprendizaxe-servizo que coordina. Poderanse presentar outros pósteres sobre iniciativas que inclúan os ODS ou a cooperación universitario ao desenvolvemento na docencia.
Como serán as presentación o día do evento?
Nun espazo habilitado da Facultade de Educación e Traballo Social, organizarase unha exposición onde as autoras e autores presentarán os seus pósteres en horario de 18:00 a 20:00 horas.
Cales deben ser as dimensións dos pósteres?
Os pósteres presentaranse en tamaño A2 (42 x 59,4 centímetros).
Prazo e lugar de presentación
Ata o día 1 de novembro poderanse enviar as propostas de póster ao enderezo electrónico direc.equidade@uvigo.gal
Selección
O comité científico seleccionará os pósters de acordo co seguintes criterios de selección.
- Rigor científico ou interese da iniciativa (40 %)
- Capacidade de síntese (25 %)
- Orixinalidade do enfoque (15 %)
- Calidade gráfica e da composición (20 %)
Programa
A xornada articularase arredor de relatorios, mesas redondas, paneis de experiencias e presentación de pósteres.
Máis información:
Área de Equidade e Cooperación
Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
direc.equidade@uvigo.gal




