Xornadas
A cooperación universitaria ao desenvolvemento ante a Axenda 2030
19 e 20 de novembro
A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), conformada polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo organiza, co apoio da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, as xornadas “A cooperación universitaria ao desenvolvemento ante a Axenda 2030”.
- Lugar: sala 1 do Edificio Miralles, campus universitario, 36310 Vigo
- Data: 19 e 20 de novembro
- Persoas destinatarias: comunidade universitaria e entidades sociais
Dirixidas a persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos, estudantes así como a traballadores e traballadoras de entidades sociais que teñan un interese especial na cooperación universitaria ao desenvolvemento, estas xornadas serán a oportunidade de achegarse a este fenómeno a través do diálogo entre os principais actores da cooperación co obxectivo de crear un espazo de reflexión en torno á Axenda 2030.
- Entregarase un certificado de asistencia a todas as persoas
- A asistencia do profesorado acreditarase como innovación docente
- A asistencia do alumnado será recoñecida academicamente polas tres universidades. Contacta coa túa universidade para comprobar os mecanismos de recoñecemento: ocv@udc.es, sepiu.santiago@usc.es ou direc.rsco@uvigo.es.
Programa
Luns, 19 de novembro de 2018
Bloque I Delimitando a cooperación universitaria ao desenvolvemento
09.00 h - 09.30 h | Acreditación de participantes |
09.30 h - 10.00 h | Inauguración |
10.00 h - 11.30 h | Relatorio Despexando a incógnita. Que é a cooperación universitaria ao desenvolvemento? |
11.30 h - 12.00 h | Pausa café comercio xusto |
12.00 h - 14.00 h | Mesa redonda A diversidade da cooperación universitaria ao desenvolvemento. Que están a facer as universidades en cooperación ao desenvolvemento? |
Bloque II O ecosistema da cooperación universitaria ao desenvolvemento
15.30 h - 17.00 h | Mesa redonda Que instrumentos poñen as administracións públicas á disposición da CUD? Unha simbiose institucional necesaria |
17.00 h - 17.30 h | Presentación de pósters |
17.30 h - 19.00 h | Mesa redonda Pechando o círculo. Que demandan ás universidades os actores beneficiarios da cooperación? |
Martes, 20 de novembro de 2018
09.00 h - 11.00 h | Mesa redonda O papel das ONGD na estratexia da cooperación universitaria |
11.00 h - 11.30 h | Pausa café comercio xusto |
Bloque III A Axenda 2030. O reto da Universidade do século XXI
11.30 h - 12.45 h |
Relatorio |
12.45 h - 14.00 h | Relatorio Como adaptar os ODS ás nosas universidades? Especial referencia á cooperación universitaria ao desenvolvemento |
16.00 h - 18.00 h | Mesa redonda Axenda 2030 e Universidade. Cara onde debe ir a cooperación universitaria ao desenvolvemento? |
18.00 h - 20.00 h | Mesa redonda O empoderamento da muller a través da cooperación ao desenvolvemento |
20.00 h - 20.15 h |
Clausura das xornadas |
Sesión de presentación de pósters
Na xornada do 19 de novembro, entre as 17.00 h e as 17.30 h está prevista unha sesión de presentación de pósters que recollan os resultados de investigacións ou experiencias sobre cooperación ao desenvolvemento e a Axenda 2030 no ámbito da universidade.
De entre os pósters enviados, seleccionaranse nove cuxa impresión será subvencionada pola organización das xornadas. O resto de pósters correrán a cargo das persoas que os presenten.
Quen pode participar?
Todas aquelas persoas que estean investigando ou queiran dar a coñecer algún tipo de iniciativa sobre cooperación ao desenvolvemento e a Axenda 2030 implementada nunha universidade.
Como serán as presentacións?
Nun espazo habilitado no Edificio Miralles, organizarase unha exposición e as autoras e autores dos posters atenderán as preguntas das persoas asistentes.
Cales deben ser as dimensións dos pósters?
Os pósters terán como máximo 120 cm de alto por 90 cm de ancho.
Prazo de presentación
Ata o 12 de novembro enviarase a proposta de póster ao enderezo electrónico direc.rsco@uvigo.es
Selección
Un comité formado por representantes das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo seleccionarán nove pósters cuxa impresión será subvencionada pola organización das xornadas. Os criterios de selección son os seguintes:
- Rigor científico ou interese da iniciativa (40%)
- Capacidade de síntese (25%)
- Orixinalidade do enfoque (15%)
- Calidade gráfica e de composición (20%)
Publicación dos pósters seleccionados
A listaxe de pósters seleccionados será publicada o 13 de novembro.
Sesión de presentación de pósters
O 19 de novembro as persoas con pósters seleccionados deberán colgalos no lugar habilitado do Edificio Miralles antes da sesión de presentación que terá lugar ente as 17.00 h e as 17.30 h.
Anímate a participar como persoa voluntaria
Se queres participar na organización das xornadas “A Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento ante a Axenda 2030”, podes facelo a través dun proxecto propio de voluntariado:
- Obxectivo xeral
Axuda para relacionarse coa comunidade universitaria
- Obxectivo específico
Atención ás persoas participantes nas xornadas.
- Destinatarios do programa
Poboación en xeral
- Perfil das persoas voluntarias
Persoas con capacidade para axudar na organización da xornada e con don de xentes para tratar coa comunidade universitaria
- Función das persoas voluntarias
Prestar servizo de apoio e de información
- Lugar de realización das actividades
Edificio Miralles, campus universitario, 36310 Vigo
- Tempos de dedicación das persoas voluntarias
Os días 19 e 20 de novembro, durante o desenvolvemento das xornadas
Máis información:
Área de Responsabilidade Social e Cooperación
Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
+34 986 813 587
direc.rsco@uvigo.es
Máis información:
Área de Responsabilidade Social e Cooperación
Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
+34 986 813 587
direc.rsco@uvigo.es