XORNADA

Desafíos da (des)orde mundial

UVigo – Responsabilidade social axenda 2030 08/10/2025

A Área de Equidade e Cooperación organiza a xornada Desafíos da (des)orde mundial. A Universidade como espazo de análise crítica, diálogo e transformación o vindeiro mércores 29 de outubro, ás 18.00 horas, no edificio Redeiras.

Ten como finalidade ofrecer unha análise crítica da actual orde xeopolítica mundial, centrada nos principais conflitos e nas ameazas á paz global. Preténdese visibilizar o impacto dos intereses da industria armamentística e da desinformación —especialmente a través das fake news e dos discursos de odio— na configuración do panorama internacional. Ademais, búscase fomentar a reflexión sobre o papel transformador da universidade como espazo de coñecemento, diálogo e acción para a construción de sociedades máis pacíficas e comprometidas coa xustiza global.

O acceso é libre e pode asistir a comunidade universitaria e o público en xeral. A xornada tamén se retransmitirá pola canle 2 de UVigoTV.

Cómpre inscribirse ata o 28 de outubro a través do seguinte formulario.

Programa

 

 

Área de Equidade e Cooperación
Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
direc.equidade@uvigo.gal