Axenda 2030

Desigualdade de xénero, desenvolvemento insostible

UVigo – Responsabilidade social axenda 2030 06/03/2019

Desigualdade de xénero, desenvolvemento insostible

Nesta semana na que conmemoramos o Día Internacional da Muller cómpre que lembremos que a Axenda 2030 recolle no seu quinto obxectivo de desenvolvemento sostible (ODS 5) a necesidade de acadar a igualdade entre os xéneros e apoderar todas as mulleres e as nenas. 

Máis ca outro obxectivo, o ODS 5 representa o carácter integral, transversal e universal que inspira a Axenda 2030. As desigualdades de xénero están presentes en cada un dos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible.

Como apunta o informe da ONU-Mulleres Hacer las promesas realidad. La igualdad de género en la Agenda 2030 para el Desarrollo Sostenible, as feministas traballaron arreo non só para introducir na Axenda o ODS 5, senón tamén para incluír a igualdade de xénero nos outros 16 obxectivos e metas. Con isto, intentaron chamar a atención sobre as dimensións de xénero da pobreza, a fame, a saúde, a educación, a auga e o saneamento, o emprego, o cambio climático, a degradación medioambiental, a urbanización, o conflito e a paz, así como o financiamento para o desenvolvemento.

 

O carácter transversal das desigualdades de xénero nos 17 ODS da Axenda 2030

A continuación podes ver máis polo miúdo como a desigualdade de xénero está presente nos 17 ODS da Axenda 2020.


ODS 1

  • No mundo, hai 122 mulleres de entre 25 e 34 anos que viven en condicións de pobreza extrema por cada 100 homes do mesmo rango de idade.

  • As mulleres teñen  ata 11 puntos porcentuais máis de probabilidade de padecer inseguridade alimentaria.

ODS 2


ODS 3

  • A nivel mundial, 303.000 mulleres morreron en 2015 por causas relacionadas co embarazo. A diminución da taxa de mortalidade está a ser excesivamente lenta para acadar a Meta 3.1.

  • 15 millóns de nenas en idade escolar nunca terán a oportunidade de aprender a ler ou escribir na escola primaria, en comparación con 10 millóns de nenos.

ODS 4


ODS 5

  • En 18 países, os esposos poden impedir legalmente que as súas esposas traballen; en 39 países, as fillas e os fillos non teñen os mesmos dereitos hereditarios e 49 países carecen de leis que protexan as mulleres da violencia no fogar.
  • Só o 52% das mulleres casadas ou noutro tipo de unión é libre de tomar as súas propias decisións respecto ás relacións sexuais, o uso de anticonceptivos e a atención sanitaria.
  • O 19% das mulleres e nenas de entre 15 e 49 anos de idade teñen experimentado violencia física ou sexual por parte da súa parella nos últimos 12 meses.
  • A nivel mundial, as mulleres representan só o 13% do total das persoas propietarias de terreos agrícolas.
  • A nivel mundial, 750 millóns de mulleres e nenas casaron antes de cumprir os 18 anos de idade e alomenos 200 millóns de mulleres e nenas de 30 países distintos sufriron mutilación xenital feminina.
  • As mulleres dedican 2,6 veces máis tempo ao traballo doméstico e de coidados non remunerado cos homes.
  • Máis de 100 países tomaron medidas para supervisar as asignacións orzamentarias en prol da igualdade de xénero.
  • As mulleres ocupan oAs mulleres teñen menos probabilidades co homes de ter un teléfono móbil e o seu uso de internet é 5,9 puntos porcentuais máis baixo co deles. 
  • O 23,7 % dos escanos parlamentarios, un aumento de 10 puntos porcentuais con respecto ao ano 2000, anque aínda moi por debaixo da paridade.

  • As mulleres e as nenas son as responsables de recoller a auga no 80% dos fogares que non contan con acceso a auga corrente.

ODS 6


ODS 7

  • A contaminación do aire no interior das vivendas debido ao uso de materias combustibles como enerxía doméstica provocou 4,3 millóns de mortes en 2012. Seis de cada 10 persoas afectadas foron mulleres ou nenas.

  • A fenda salarial de xénero a nivel mundial é do 23%. A taxa de actividade das mulleres é do 63%, mentres que a dos homes é do 94%.

ODS 8


ODS 9

  • A nivel mundial, as mulleres representan o 28,8% de quen se dedica á investigación. Só un de cada cinco países ten acadado a paridade de xénero neste ámbito.

  • Ata un 30% da desigualdade de ingresos débese á disparidade dentro do fogar, incluída aquela entre mulleres e homes. Tamén é moito máis probable que as mulleres vivan por debaixo do 50% da renda mediana.

ODS 10


ODS 11

  • As mulleres que viven en barrios desfavorecidos padecen numerosas dificultades, entre elas, a falta de cobertura de necesidades básicas como o acceso a auga limpa ou a servizos de saneamento mellorados.

  • O investimento en transporte público ofrece grandes beneficios para as mulleres, xa que tenden a depender del en maior medida ca os homes.

ODS 12


ODS 13

  • O cambio climático ten un impacto desproporcionado nas mulleres e nas nenas e nenos, dado que é 14 veces máis probable que falezan durante un desastre ca os homes.

  • A contaminación da auga doce e dos ecosistemas mariños ten consecuencias negativas nos medios de vida das mulleres e dos homes, na súa saúde e na saúde das súas fillas e fillos.

ODS 14


ODS 15

  • Entre 2010 e 2015, o mundo perdeu 3,3 millóns de hectáreas de superficie forestal. As mulleres pobres de medios rurais que dependen dos recursos de uso común resultan especialmente afectadas cando estes diminúen.

  • Durante os conflitos, as taxas de homicidio e outros crimes violentos aumentan de xeito significativo. Se ben é máis probable que os homes morran no campo de batalla, as mulleres están suxeitas á violencia sexual e ao secuestro, á tortura e á necesidade de abandonar os seus fogares.

ODS 16


ODS 17

  • En 2012, os fondos procedentes dos países en vías de desenvolvemento eran 2,5 veces maiores ca cantidade de axuda que recibían, e as asignacións en función do xénero eran comparativamente insignificantes.

Máis información:

Área de Responsabilidade Social e Cooperación
Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
+34 986 813 587
direc.rsco@uvigo.es