Día Internacional da Convivencia en Paz 2024: manifesto de Crue Universidades Españolas

UVigo – Responsabilidade social axenda 2030 16/05/2024

A Asemblea Xeral de Nacións Unidas, ao recoñecer a necesidade de eliminar todas as formas de discriminación e de intolerancia, na súa resolución 72/130 do 8 de decembro de 2018, declarou o 16 de maio como Día Internacional da Convivencia en Paz, salientando a importante función da sociedade civil, especialmente do mundo académico, para o fomento do diálogo entre relixións e culturas e alentando a que se adopten medidas que mobilicen a sociedade civil, tales como a divulgación da importancia desta declaración, a organización de actividades de diálogo ou o establecemento de marcos de cooperación.

Con respecto a isto, Crue Universidades Españolas reafirma o seu compromiso coa convivencia pacífica e co respecto mutuo con miras a promover a paz, a tolerancia, a inclusión, a comprensión e a solidariedade. Especialmente, nas institucións de educación superior, que non son senón espazos de diversidade, onde converxen persoas con diferentes orixes, culturas, crenzas, perspectivas e ideoloxías. É esta diversidade a que enriquece o noso entorno académico e nos brinda a oportunidade de seguir a aprender e a convivir.

Neste mundo, no que o conflito, a crispación e a confrontación son lamentablemente moi frecuentes, as nosas universidades han de ser faros de esperanza na construción dun mundo mellor. Debemos ser auténticos axentes de cambio, fomentando ambientes inclusivos nos que a docencia, a investigación, a transferencia e a innovación se desenvolvan sobre a base do respecto, o diálogo e a comprensión. Ambientes nos que cada individuo se sinta valorado e respectado polo que é, e nos que se rexeite con firmeza calquera forma de discriminación, odio ou violencia.

A cooperación entre as distintas disciplinas de coñecemento, entre as ciencias e as humanidades, demostrou ser unha fórmula de éxito para un progreso firme, sostible, e máis humano. Traslademos esa convivencia frutífera que alentamos dende os nosos campus ao resto da sociedade, demostrando que los valores que sustentan estas alianzas son efectivos á hora de previr o conflito ou, cando sexa necesario, de reparalo. Renovemos hoxe, por tanto, o noso firme compromiso cun futuro de paz, convivencia e progreso nas nosas universidades, e no mundo enteiro.

Madrid, 16 de maio de 2024

Crue Universidades Españolas

 

Área de Equidade e Diversidade
Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
direc.equidade@uvigo.gal

Crue Universidades Españolas
Secretaría Xeral
Paseo de Recoletos 27, 3.º andar
28004 Madrid