Día Internacional da Preparación ante as Epidemias 2021

UVigo – Responsabilidade social axenda 2030 23/12/2021

A Asemblea Xeral da ONU estableceu o 27 de decembro do 2020 como o Día Internacional da Preparación ante as Epidemias co fin de resaltar a importancia da prevención das epidemias e da preparación e da colaboración para darlles resposta.

Este día internacional naceu no actual contexto dominado pola covid-19, unha das epidemias globais con máis mortalidade. Polo momento, a covid-19 causou máis de 1,7 millóns de falecementos e está a devastar as economías mundiais e perturbando as sociedades. Isto constitúe unha evidencia de que a preparación é un investimento acertado, xa que ten un custo moi inferior ao que supón a resposta ás emerxencias.

Neste conmemoración queremos pór de relevo a urxencia de:

  • Dispoñer dun sistema de saúde máis sólido e resistente que ofreza cobertura sanitaria universal e chegue ás persoas vulnerables ou en situación de vulnerabilidade. 
  • Cómpre prestar máis atención á invasión dos hábitats animais por parte dos humanos, xa que o 75 % das enfermidades infecciosas novas e emerxentes que afectan a humanidade son de orixe animal.
  • Os países necesitan unha cooperación técnica máis eficaz e en coordinación coas institucións e organismos internacionais como é o caso da Organización Mundial da Saúde (OMS).

A este respecto, a ONU alerta de que, de non tomar as medidas oportunas, as epidemias poderían ser aínda máis intensas e graves  do que son as actuais.

A necesidade de prepararse fronte ás epidemias está relacionada con varias metas do obxectivo de desenvolvemento sostible 3  «saúde e benestar» da Axenda 2030; de forma directa, coa meta 3.d «Reforzar la capacidade de todos os países, e en particular dos países en desenvolvemento en materia de alerta temperá, redución de riscos e xestión dos riscos para a saúde nacional e mundial», así como coa meta 3.3 «para o 2030, poñer fin ás epidemias da SIDA, a tuberculose, a malaria e as enfermidades tropicais desatendidas e combater a hepatite, as enfermidades transmitidas pola auga e outras enfermidades transmisibles».

 

Máis información:

Área de Responsabilidade Social e Cooperación
Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
direc.rsco@uvigo.gal