II Xornadas galegas sobre protección e defensoría de mulleres defensoras de dereitos humanos
Nesta xornada analizarase o impacto das recentes medidas impulsadas polo goberno dos EUA na defensa dos dereitos humanos no ámbito global, así como os riscos que implica a actual deriva ideolóxica en Europa sobre os sistemas de protección internacional.
Esta actividade é parte do programa Galicia Abriga, Programa Galego de Acollida Temporal de Mulleres Defensoras de Dereitos Humanos.
O programa nace en 2024 para que mulleres de organizacións e de movementos sociais de países nos que a cooperación galega ten presenza, poidan saír temporalmente do contexto de risco para a súa integridade física e psicolóxica no que se atopan, debido ao
seu labor como defensoras de dereitos.
As actividades de Galicia Abriga están coordinadas por tres ONG galegas: Solidariedade Internacional, Agareso e Ecos do Sur e financiadas pola cooperación galega e a cooperación local.
A Universidade de Vigo é parte da rede de apoio deste programa, conxuntamente con outras 15 entidades galegas.
Máis información:
Área de Equidade e Cooperación
Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
direc.equidade@uvigo.gal
Facultade de Relacións Internacionais
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
+34 988 368 902
rrii.facultade@uvigo.gal




