O mundo podería ser un pouco mellor a partir de 2030

UVigo – Responsabilidade social axenda 2030 30/01/2019

Sabías que, por primeira vez na historia, a humanidade conta cunha axenda común para intentar resolver os seus problemas? 

A ONU aprobou na resolución do 25 de setembro de 2015 a denominada Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible. Non é un documento máis, senón a folla de ruta da humanidade para os vindeiros anos. 

A axenda ten, certamente, as súas limitacións. Para ser aprobada, debéronse pór de acordo 193 países con diferentes niveis de desenvolvemento, sensibilidades e circunstancias políticas. Non é un acordo propiamente dito, nin moito menos un tratado vinculante, senón unha declaración xenérica na que os países se comprometen a traballar conxuntamente cara a un desenvolvemento máis sostible do planeta.

A pesar destas limitacións, pódese afirmar que contamos cun plan de acción global ata 2030 centrado no planeta e nas persoas, que busca avanzar na prosperidade, na xustiza e na paz universal a través da aplicación de dezasete obxectivos, coñecidos como «obxectivos de desenvolvemento sostible» (ODS). Estes obxectivos van acompañados, á súa vez, de 169 metas que deben inspirar as políticas públicas postas en marcha polas administracións que operan nos estados, entre elas, as universidades.

Coñece os dezasete ODS e as súas metas asociadas premendo en cada icona:

 

ODS 1 fin da pobreza

ODS 2 fame cero

ODS 3 saúde e benestar

ODS 4 educación de calidade

ODS 5 igualdade de xénero

ODS 6 auga limpa e saneamento

ODS 7 enerxía accesible e non contaminante

ODS 8 traballo decente e crecemento económico

ODS 9 industria, innovación e infraestrutura

ODS 10 redución das desigualdades

ODS 11 cidades e comunidades sostibles

ODS 12 produción e consumo responsables

ODS 13 acción polo clima

ODS 14 vida submarina

ODS 15 vida de ecosistemas terrestres

ODS 16 paz, xustiza e instituxións sólidas

ODS 17 alianzas para acadar os obxectivos

 

Máis información:

Área de Responsabilidade Social e Cooperación
Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
+34 986 813 587
direc.rsco@uvigo.es