Repensar a educación para ‘resetear’ o sistema

UVigo – Responsabilidade social axenda 2030 23/10/2024

Esta actividade formativa está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo que cre que é preciso traballar cara a unha educación universitaria transformadora que fomente a reflexión crítica, a conciencia social e a acción colectiva para contribuír a un mundo máis xusto e equitativo.

Obxectivos

  • Fortalecer a capacidade do PDI para vincular o seu labor coa sustentabilidade e a transformación social da súa contorna desde un compromiso solidario en liña cos obxectivos de desenvolvemento sostible da axenda 2030.
  • Impulsar o uso de metodoloxías de ensino-aprendizaxe activas e participativas que promovan a formación de profesionais críticos, reflexivos e comprometidos coa mellora da súa contorna.
  • Contribuír á construción dun currículo educativo sostible en liña coa Axenda 2030 , as normativas de aplicación universitaria e o plan estratéxico da Universidade de Vigo.

Desenvolvemento

  • Curso en liña de 25 horas de duración.
  • Catro sesións en liña síncronas de tres horas (unha por bloque) e o acceso a materiais formativos de autoestudo
  • Será preciso realizar unha actividade final.
  • Datas: do 1 ao 30 de novembro.
  • As sesións síncronas terán lugar os venres 8, 15, 22 e 29 de novembro, de 11:30 a 14:30 horas.

Inscrición

 

 

Área de Equidade e Cooperación
Vicerreitoría de Extesnión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
direc.equidade@uvigo.gal