V Edición dos Premios UVigo Humana
Os Premios Consello Social UVigo Humana teñen por obxecto o recoñecemento por parte da Universidade de Vigo e do Consello Social ao labor desenvolvido por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais tanto galegas como internacionais que sobresaísen pola súa traxectoria en calquera ámbito vencellado coa solidariedade e a cooperación.
Formato
Concédense dous premios, un premio dirixido a comunidade galega e outro de carácter internacional. Nesta edición foron premiadas as entidades: Emaús Fundación Social e a Axencia de Nacións Unidas para a poboación refuxiada de Palestina (UNRWA).
Os Premios están dotados dun diploma acreditativo e dun agasallo institucional que pola súa natureza non ten a consideración de subvención en especie.
A entrega de premios é conxunta coa entrega de diplomas aos mellores TFG/FTM en materia de Axenda 2030 e Cooperación.
Novas relacionadas
Máis información:
Área de Equidade e Cooperación
Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
direc.equidade@uvigo.gal




