VI Premios UVigo Humana Consello Social
Os Premios UVigo Humana Consello Social teñen por obxecto o recoñecemento por parte da Universidade de Vigo e do Consello Social ao labor desenvolvido por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais tanto galegas como internacionais que sobresaísen pola súa traxectoria en calquera ámbito vencellado coa solidariedade e a cooperación.
Concédense dous premios, un premio dirixido a comunidade galega e outro de carácter internacional. Os premios están dotados dun diploma acreditativo e dun agasallo institucional que pola súa natureza non ten a consideración de subvención en especie. A entrega de premios é conxunta coa entrega de diplomas aos mellores traballos de fin de grao e de mestrado e teses de doutoramento en materia de Axenda 2030.
O acto de entrega terá lugar o 29 de abril, ás 12.00 horas, no edificio Redeiras.
Nesta edición foron premiadas as seguintes entidades: Fundación Mujeres por África e asociación Bicos de Papel.
Máis información:
Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
vice.extension@uvigo.gal




