Cátedras
As cátedras de empresa son unha forma de establecer unha colaboración estratéxica, ampla, cualificada e estable coa contorna empresarial, coas fundacións e entidades que, máis alá do económico, permitan acadar mediante estratexias a docencia, a formación e a investigación planificadas conxuntamente, froitos que redunden directamente no beneficio de ambas as partes.
Deste xeito, dáse forma a un modelo de colaboración especialmente interesante para o futuro das entidades participantes. Neste modelo, a empresa ou entidade comprométese a unha aportación económica anual equivalente á retribución dun catedrático de universidade e a cátedra pode levar unha denominación de acordo cos seus fins. As actividades que se poden incluír no marco da cátedra son plurais e van desde a formación e intercambio de persoal e de experiencias ata a realización de proxectos de I+D.
Para o mellor funcionamento da cátedra, créase unha Comisión de Seguimento, integrada por representantes de ambas as dúas entidades, que se encarga de seleccionar as actividades, facer un seguimento delas e solventar calquera necesidade que poida xurdir.
Coñece as cátedras da UVigo
Cátedra Carlos Casares
- Empresa:
Deputación Provincial de Ourense - Ano constitución:
03/2003 - Director da cátedra:
Reitor ou reitora, ou persoa en quen delegue - Servizo de xestión:
Vicerreitoría do Campus de Ourense - Actividades da cátedra:
Organización dun curso de extensión universitaria relacionado co mundo audiovisual anualmente, así como os “Encontros Literarios”
Cátedra Empresa Familiar
- Empresa:
Instituto Empresa Familiar/Asociación Galega de Empresa Familiar/Abanca/Inditex - Ano constitución:
2005 - Director da cátedra:
Santiago Lago Peñas - Servizo de xestión:
Servizo de Investigación da UVigo/Fuvi/outros
Visita a web da cátedra
Cátedra Ence
- Empresa:
Ence, Energía y Celulosa - Ano constitución:
2000 - Director da cátedra:
Director da Escola de Enxeñaría Forestal - Servizo de xestión:
Feuga (Fundación Empresa-Universidade Galega)
Cátedra Jean Monet
- Denominación:
Cátedra Jean Monnet. Understanding the European Union in the 21st century - Entidade financiadora:
Educational, Audiovisual and Culture Executive Agency (European Commission) - Ano constitución (vixencia):
01-09-2014/31-08-2017 - Responsable da cátedra:
Celso Cancela Outeda - Seguimento: UVigo:
Oficina de Relacións Internacionais. Eva Garea - Servizo de xestión:
Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais. Actividades da cátedra: achégase a solicitude aprobada con relación ás actividades para os 3 anos de vixencia (páxinas 13-21 da solicitude: description form)
Cátedra Telefónica
- Denominación:
Cátedra Telefónica para a Innovación Enerxética - Empresa:
Telefónica - Ano constitución:
2013 - Director da cátedra:
José Cidrás Pidre - Servizo de xestión:
Servizo de Investigación da UVigo
Visita a web da cátedra
Cátedra Unesco
- Empresa:
Unesco - Ano constitución:
2014 - Actividades da cátedra:
O obxectivo será fomentar un sistema integrado de investigación, formación, información e documentación sobre a xestión sustentable das zonas costeiras
Cátedra Unión Fenosa
- Empresa:
Fenosa, SLU (Grupo Gas Natural Fenosa) - Ano constitución:
2011 - Directores da cátedra:
Alberto Gago Rodríguez e Xavier Labandeira Villot - Servizo de xestión:
Fuvi - Actividades da cátedra:
Cátedra Fenosa de estudos e actividades no ámbito da economía da enerxía, o medio ambiente e o desenvolvemento sustentable - A Cátedra Fenosa promoverá as seguintes iniciativas:
- Promoción de "Proxectos Fin de Grao" e "Proxectos Fin de Máster" do estudantado da Universidade de Vigo nas áreas de interese mencionadas.
- Participación e apoio ao financiamento do "Máster en Xestión do Desenvolvemento Sustentable” da Universidade de Vigo.
- Colaboración no Centro Internacional de Excelencia Hidráulica (CIEH) na preparación de eventos de impacto internacional con carácter investigador, innovador ou divulgador nas áreas de interese mencionadas.
- Convocatoria anual do Premio Fenosa aos traballos do estudantado da Universidade de Vigo no ámbito das enerxías renovables e o desenvolvemento sustentable. Contratación de persoal bolseiro ou de posdoutoramento para levar a cabo labores de investigación e difusión no ámbito temático da cátedra.
Cátedra STL
- Empresa:
Sociedade Textil Lonia, S.A. - Ano constitución:
13/05/2015 - Director da cátedra:
Reitor ou reitora, ou persoa en quen delegue - Servizo de xestión:
Vicerreitoría do Campus de Ourense - Actividades da cátedra:
Ao abeiro deste obxectivo xenérico, as actividades a desenvolver centraranse nas seguintes liñas de actuación:- A creación dun Programa de captación de talento, cuxa finalidade sexa a incorporación de estudantado da Universidade de Vigo cun bo expediente académico, con capacidade de innovación e que acredite un bo nivel de idioma inglés, a STL para realizar prácticas externas curriculares ou extracurriculares.
- Promoverase a posta en marcha de actividades formativas que teñan por obxecto a capacitación, especialización e actualización de competencias de membros da comunidade universitaria e de profesionais.
- Impulsarase un sistema de bolsas en prácticas por períodos máximos de 6 meses para ao estudantado ou recén titulados da Universidade de Vigo, previa selección a través dun proceso regrado.
- Organizaranse congresos, xornadas, conferencias, seminarios ou foros, nos ámbitos de estudos propios da cátedra.
- Promoverase a publicación de estudos ou traballos científicos ou de divulgación, referidos aos ámbitos de estudos propios da cátedra.
Cátedra Viewnext
- Empresa:
Viewnext, S.A. - Ano constitución:
25/02/2016 - Director da cátedra:
Reitor ou reitora, ou persoa en quen delegue - Actividades da cátedra:
- A creación dun Programa de captación de talento, cuxa finalidade sexa a incorporación de estudantado da UVigo cun bo expediente académico, con capacidade de innovación e que acredite un bo nivel de idioma inglés a Viewnext.
- Promoverase a posta en marcha de actividades formativas que teñan por obxecto a capacitación, especialización e actualización de competencias de membros da comunidade universitaria e de profesionais alleos que atendan as necesidades competitivas da empresa.
- Impulsarase un sistema de bolsas de prácticas por períodos máximos de 6 meses para o alumnado ou titulados recentes da UVigo, previa selección a través dun proceso regrado.
- Organizaranse congresos, xornadas, conferencias, seminarios ou foros, nos ámbitos de estudos propios da Cátedra.
- Promoverase a publicación de estudos ou traballos científicos ou de divulgación, referidos aos ámbitos de estudos propios da cátedra.
Cátedra Internacional José Saramago
- Ano constitución:
22/06/2016 (vixente ata finais 2019)
Cátedra Deloitte Advisory
- Ano constitución:
21/12/2016 (vixencia 1 ano) - Director da cátedra:
Reitor ou reitora, ou persoa en quen delegue - Actividades da cátedra:
- A creación dun Programa de captación de talento, que teña por finalidade a formación do estudantado da Universidade de Vigo cun bo expediente académico, con capacidade de innovación e que acredite un bo nivel do idioma inglés.
- Promoverase a posta en marcha de actividades formativas que teñan como obxectivo a capacitación, especialización e actualización das competencias de membros da comunidade universitaria e de profesionais alleos que atendan as necesidades competitivas da empresa.
- Impulsarase un sistema de bolsas en prácticas por períodos máximos de 6 meses para o estudantado ou titulados recentes da Universidade de Vigo, previa selección a través dun proceso regrado.
- Organizaranse congresos, xornadas, conferencias, seminarios ou foros, nos ámbitos de estudos propios da cátedra.
- Promoverase a publicación dos estudos ou traballos científicos ou de divulgación, referidos aos ámbitos de estudos propios da cátedra.
Cátedra SCI-EYSA. Smart cities e seguridade vial
- Empresa:
Deloitte Advisory, S.L. - Empresa:
Estacionamientos y servicios S.A. - Ano constitución:
29/10/2015
Cátedra Ardán
- Empresa:
Consorcio Zona Franca Vigo - Ano constitución:
9/03/2018 - Director da cátedra:
Reitor ou reitora da Universidade de Vigo, ou persoa en quen delegue - Actividades da cátedra:
- Elaboraranse estudos sobre o desenvolvemento e a competitividade da economía galega.
- Realizaranse estudos sobre a conxuntura económica rexional.
- Investigaranse sobre factores de competitividade empresarial e medidores do desempeño e a xestión empresarial encamiñados á mellora competitiva das organizacións.
- Efectuaranse traballos de investigación sobre actividades emerxentes ou sectores cun alto potencial de desenvolvemento e co seu impacto en Galicia.
- Deseñaranse ferramentas de posicionamento competitivo para as empresas.
- Manteranse actualizadas as bases metodolóxicas de Ardán.
- Facilitaranse o uso de Ardán como ferramenta de investigación no ámbito académico.
- Colaborarase en proxectos de interese mutuo.
- Realizaranse outras actividades instrumentais ou complementarias do proxecto Ardán.
Cátedra R en Ciberseguridade UDC-UVigo
- Denominación:
Cátedra R en Ciberseguridade. - Directora da cátedra:
Profesora Ana Fernández Vilas, en delegación do reitor da UVigo e coordinadora do Mestrado Interuniversitario (UVigo-UDC) en Ciberseguridade. - Comisión de seguimento:
- Prof. Rebeca P. Díaz Redondo, coordinadora do Grao en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (teleco.uvigo.es).
- Prof. Carlos Dafonte, en delegación do reitor da UDC e coordinador do mestrado na Universidade da Coruña (fic.udc.es).
- Prof. Francisco Javier Nóvoa de Manuel, representante do PDI da Universidade da Coruña (fic.uddc.es).
- Dona ldola Uriarte, responsable de Seguridade da Información do Grupo Euskaltel (euskaltel.com).
- Dona Susana Rey, delegada en Protección de Datos do Grupo Euskaltel (esukaltel.com).
- Data da firma:
18 de decembro de 2018. - Dotación:
10 000 euros da UVigo e 10 000 euros da UDC. - Sitio web:
En construción. - Obxectivos:
A Cátedra R en Ciberseguridade nace co fin de promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado universitario, mellorar a capacitación, ampliar ou actualizar os coñecementos, técnicas ou habilidades da comunidade universitaria ou doutras persoas profesionais co obxectivo de adaptalas ás necesidades da empresa, fomentar a súa formación continua, a innovación e a investigación na área da ciberseguridade. - Liñas estratéxicas:
Ao abeiro deste obxectivo xenérico, as liñas estratéxicas de actuación da Cátedra R en Ciberseguridade son:- A colaboración na docencia e na investigación, especialmente no Mestrado lnteruniversitario (UVigo-UDC) en Ciberseguridade (munics.es).
- A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a consecución da excelencia académica nas universidades de Vigo e da Coruña.
- O impulso de actividades que permitan crear espazos de debate e difusión da actividade docente e investigadora do ámbito da ciberseguridade.
- A promoción de actuacións que estimulen a capacitación, especialización e actualización das competencias da comunidade universitaria e profesionais alleos á mesma, atendendo ás necesidades competitivas da empresa.
- Actividades:
Máis concretamente, establécense as seguintes actividades como prioritarias:- Actividades de formación e divulgación:
- Colaboración en mestrados e outros estudos de posgrao, tanto oficiais como propios.
- Patrocinio de bolsas predoutorais e posdoutorais; premios a traballos de fin de grao ou mestrado e concursos de ideas.
- Conferencias, seminarios, obradoiros e visitas a empresas; promoción de prácticas curriculares e extracurriculares.
- Colaboración en plans de formación para empresas ou institucións; colaboración no deseño e impartición de Programas de Formación Permanente.
- Formación para a creación de empresas de base tecnolóxica ou para a explotación de resultados de investigación.
- Realización de xornadas de divulgación científica, tecnolóxica e da cultura da ciberseguridade na sociedade; promoción en acontecementos científicos, técnicos e de concienciación da sociedade; organización de exposicións e promoción da cultura de ciberseguridade na sociedade.
- Publicacións sobre temas de interese no ámbito da cátedra.
- Divulgación das actividades da cátedra.
- Actividades de transferencia e de investigación:
- Desenvolvemento de liñas de investigación conxunta; realización traballos de investigación.
- Promoción da contratación de grupos das universidades da Coruña e de Vigo para desenvolver accións de innovación ou consultoría especializada na empresa.
- Cooperación para lograr proxectos de investigación en programas de concorrencia competitiva no ámbito galego, español e europeo.
- Promoción de encontros e redes nacionais e internacionais de expertos nas áreas de interese da cátedra.
- Apoio á realización de teses de doutoramento, traballos de fin de mestrado e traballos de fin de grao de perfil I+D+i.
- Actividades de formación e divulgación:
Cátedra Aldaba WIB: Women, ICT & Business
- Denominación:
Cátedra Aldaba WIB: Women, ICT & Business - Empresa:
Aldaba Servicios Profesionales S.L. - Data da sinatura de constitución:
2 de outubro de 2019 - Dirección da cátedra:
Juan Francisco Gálvez Gálvez, catedrático de escola universitaria da Área de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo
Ana Belén Porto Pazos, profesora titular da Área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. - Obxectivos:
O obxectivo desta cátedra é potenciar e enriquecer o progreso das TIC: por un lado, promocionando unha crecente participación das mulleres no seu desenvolvemento; e, por outro, establecendo canles bidireccionais de colaboración entre a universidade e a empresa. - Actividades da cátedra:
- Programa de bolsas en prácticas por períodos máximos de seis meses para o alumnado da Facultade de Informática da Universidade da Coruña e da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo (campus de Ourense), previa selección a través do proceso establecido no Plan de Recursos Humanos de Aldaba.
- Posta en marcha de actividades formativas dirixidas ao alumnado universitario que teñan por obxecto a capacitación, especialización e/ou actualización de competencias que aporten valor no ámbito TIC empresarial.
- Organización de seminarios ou conferencias relacionados con prácticas de excelencia tecnolóxica a cargo de profesionais responsables ou directores de departamentos TIC de empresas de primeira liña do tecido empresarial galego.
- Colaboración, dentro dos límites permitidos por cada universidade, en propostas de TFG/TFM, e titorización de alumnas e alumnos desde a empresa.
- Realización de actividades, en colaboración coas administracións públicas, de divulgación e visibilización da participación da muller no sector TIC dirixidas, principalmente, a estudantes de colexios e institutos.
- Publicación a través de redes sociais de temas de interese no ámbito da cátedra.
- Divulgación das actividades da cátedra. - Contacto: maito:galvez@uvigo.es