Eleccións ao reitorado

A reitora ou o reitor é elixido pola comunidade universitaria mediante a elección directa e o sufraxio universal libre e secreto

Elixirase á reitora ou ao reitor por un período de catro anos e con posibilidade dunha soa reelección consecutiva, entre as catedráticas e os catedráticos de Universidade en activo que presten os seus servizos na Universidade de Vigo.

O voto será ponderado por sectores e correspondendo: 

  • Profesorado doutor con vinculación permanente á Universidade: 51%
  • Resto do persoal docente e investigador: 9%
  • Alumnado: 30%
  • Persoal de administración e servizos: 10%

A ponderación farase sobre o total de votos a candidaturas validamente emitidos.

O último proceso electoral ao reitorado concluíu o 23 de abril de 2018, coa elección por parte da comunidade universitaria do novo reitor da Universidade de Vigo.