Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade

María Isabel Doval Ruiz, vicerreitora
Profesora titular de universidade, foi subdirectora xeral de Universidades da Xunta de Galicia durante o goberno de Emilio Pérez Touriño, membro do Comité Técnico da ACSUG e vogal do CONGACODE. Participou como membro da mesa do Claustro da Universidade de Vigo e do Consello de Campus de Ourense e foi directora e secretaria do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación.
Imparte materias relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á educación nos graos de Educación Infantil e de Educación Social da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense e imparte clases no Mestrado de formación do profesorado. Participa como avaliadora de proxectos europeos e foi vicepresidenta no programa H2020. Ten experiencia na organización de feiras interuniversitarias, congresos internacionais sobre TIC e ensino e sobre practicum e prácticas na universidade e na empresa.
Dirixiu varios seminarios e accións formativas sobre igualdade de xénero e inclusión educativa e social. Participou en cinco proxectos nacionais de investigación e noutros tantos europeos e foi profesora visitante en varias universidades europeas, de Kirguistán e en Marrocos. Nos últimos anos está interesada especialmente no estudo e divulgación de métodos e enfoques da investigación participativa.
Actualmente participa nun proxecto Jean Monnet sobre deseño de programas e recursos educativos sobre cultura europea e en dous proxectos (Erasmus+ Capacity Building e Twinning) para a modernización das universidades de Marrocos no seu achegamento ao EEES.
Competencias
- As relativas á responsabilidade social e Axenda 2030, servizos sociais e participación.
- A proposta e o desenvolvemento de plans para a atención á diversidade sexual e identidade de xénero e a inclusión das persoas con necesidades de apoio educativo na Universidade de Vigo.
- A promoción, o estímulo e a dirección da xestión de actividades de acción solidaria, voluntariado e cooperación universitaria ao desenvolvemento.
- A definición e a execución da política de acción social.
- As relativas á transparencia e goberno aberto.
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
Axenda
Organización
Área de Equidade e Diversidade
- Organizar as tarefas derivadas das iniciativas sobre a equidade e a diversidade na Universidade de Vigo.
- Supervisar e controlar as actividades derivadas do plan de responsabilidade social, servizos sociais, acción social e participación.
- Realizar o seguimento do plan PIUNE e desenvolver aqueloutros plans para a integración total das persoas con diversidade funcional.
- Asesorar e promover actividades de acción solidaria, voluntariado e cooperación no ámbito universitario.
- Asesorar nas convocatorias de bolsas, axudas e premios nos ámbitos competenciais anteriores.
Henar Quintas Salgado
Directora da Área de Equidade e Diversidade
+34 986 130 261
direc.equidade@uvigo.gal
Secretaría
Javier Míguez Novas
Secretaría
+34 986 130 302
vic.benestar@uvigo.gal
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 302
vic.benestar@uvigo.gal