Vicerreitoría de Economía
José M.ª Martín
Vicerreitor
Profesor titular da Universidade de Vigo dende o ano 2000, é ademais director do Departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas. Foi secretario do Departamento de Fundamentos da Análise Económica e secretario académico e decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
A súa carreira profesional estivo centrada no sector público e privado, en institucións relacionadas con realidades e actividades do mundo económico-empresarial. Realizou actividades de control e xestión de proxectos, relacións institucionais e liderado de equipos.
É membro de Rede (un grupo de investigación consolidado que analiza aspectos relacionados coa innovación, enerxía, economía e medio ambiente) de Ecobas (Economics and Business Administration for Society) e da Rede Alumni Microeconomics of Competitiveness da Universidade de Harvard.
O seu traballo foi publicado en revistas indexadas tanto nacionais como internacionais de recoñecido prestixio e regularmente participa en conferencias, seminarios e obradoiros.
Tamén participou e foi director de proxectos de investigación e consultoría no sector público e privado e realizou estancias en organismos e universidades nacionais e internacionais.
Foi profesor e responsable de Relacións Institucionais do Mestrado en Economía, Mercados Financeiros e Empresa, e profesor nos mestrado en Economía e no de Economía para non economistas.
Foi director xeral da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, director do Sistema de Vixilancia Competitiva do Cluster do Granito de Galicia, asesor do Centro Tecnolóxico do Granito, colaborador-asistente de Investigación do IGAPE, da Secretaria Xeral de Análise e Previsión da Xunta de Galicia e de SACE consultores.
É profesor de macroeconomía no Departamento de Fundamentos da Análise Económica, e profesor homologado na EOI de Madrid participando como director de Coñecemento en servizos de Consultoría do programa de Consolidación de PEMES do Fondo Social Europeo.
Organización
Eugenia María Rodríguez González
Secretaría
+34 986 813 440
vic.eco@uvigo.gal
Competencias
- As de coordinación e de xestión en materias económicas.
- A sinatura de convenios relacionados coa xestión orzamentaria da universidade e, se é o caso, de contratos-programa.
- A coordinación de asuntos ou de iniciativas que teñan repercusión nas partidas de ingresos ou gastos orzamentarios.
- As de elaboración, en coordinación coa Xerencia, das liñas e directrices do orzamento anual da universidade e da súa política económica.
- As relacionadas coa captación de recursos externos.
- As relacionadas coas cátedras de empresa da universidade, así como as relacións co contorno económico-empresarial.
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Teléfono: 986 813 440
vic.eco@uvigo.gal