Vicerreitoría de Economía e Planificación

Xose Manuel García

Xosé Manuel García
Vicerreitor

Licenciado e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático de universidade no Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo dende novembro de 1997.

Actualmente imparte clases de producción e loxística en Enxeñería de Minas e no Mestrado en Innovación e Optimización de Procesos. Participa no doutoramento de Economía e Empresa na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

O seu traballo de investigación céntrase na xestión da producción e a innovación tecnolóxica, dirixindo numerosas teses de doutoramento e proxectos de investigación. Forma parte do grupo de investigación REDE (Research in Economics, business and the environment).

Foi Director do Departamento de Organización de Empresas e marketing e Decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Actualmente é Vicerreitor de economía e Planificación.

  • José Manuel García Vázquez
    Vicerreitor de Economía e Planificación
    +34 986 813 440 / 813 593
    vic.eco@uvigo.es / vicplan@uvigo.es
  • Gerardo Marraud González
    Dirección da Biblioteca Universitaria
    Edificio Biblioteca central
    +34 986 813 853
    dirbuv@uvigo.es
  • Francisco Xavier Martínez Cobas
    Comisionado de plans estratéxicos
    +34 986 813 432
    estratexia@uvigo.es
  • Héctor Álvarez Arias
    Dirección técnica de obras
    +34 986 811 969
    director.tecnico.obras@uvigo.es
  • Benedicto Soto Gonzalez
    Director da Área de Prevención e Calidade Ambiental
    +34 986 813 883
    oma@uvigo.es
  • Juan Aguiar Fernández
    Director da Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (ATIC)
    +34 986 811 956
    direccion.atic@uvigo.es

  • As relacionadas coa captación de recursos externos, planificación, coordinación e xestión da política económica e dos programas estratéxicos da Universidade de Vigo.
  • As de elaboración, en coordinación coa Xerencia, das liñas e directrices do orzamento anual da Universidade e da política económica desta.
  • A coordinación de asuntos ou iniciativas que teñan repercusión nas partidas de ingresos ou gastos orzamentarios.
  • A celebración de convenios relacionados coa xestión orzamentaria da Universidade e a sinatura, de ser o caso, de contratos-programa.
  • A programación, contratación e execución de novos proxectos e infraestruturas, equipamentos e instalacións de carácter institucional.
  • As correspondentes ás actuacións urbanísticas que afecten á Universidade de Vigo.
  • A supervisión dos proxectos das obras de nova planta, así como dos de reforma, remodelación, adaptación ou reparación dos edificios administrados pola Universidade.
  • As relativas ás tecnoloxías da información e ás comunicacións e os seus servizos.
  • As de xestión e coordinación dos equipamentos e infraestruturas docentes, así como os relativos á Biblioteca universitaria.
  • As relativas á organización e dirección do servizo de publicacións da Universidade de Vigo.
  • As correspondentes á aplicación de políticas de calidade ambiental e desenvolvemento sostible.
  • A definición e execución da política de prevención de riscos laborais.
  • A definición e execución da política de acción social.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

 

Neste momento estamos actualizando os contidos, polo que a seguinte ligazón leva á páxina da versión anterior da web. Agardamos ter publicadas o antes posible as novas informacións.

Edificio Reitoría
Campus universitario s/n
36210 VIGO
Teléfono: 986 813 440 - 986 813 593
 vic.eco@uvigo.es / vicplan@uvigo.es

Os contidos desta páxina xestiónaos