Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade

Natalia Caparrini Marín, vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade

 

Licenciada en Ciencias Xeolóxicas pola Universidad Complutense de Madrid e doutora pola Universidad Politécnica de Madrid, Natalia Caparrini Marín é profesora contratada doutora na Universidade de Vigo desde 2008.

Foi docente na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía no Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente e impartiu diversas materias en titulacións (Enxeñaría de Minas), en graos (Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos) e en mestrados de perfil investigador e profesionalizante (mestrados en Tecnoloxía ambiental, en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural e en Enxeñaría de minas).

Forma parte do grupo de investigación Xeotecnoloxías Aplicadas, recoñecido como grupo de referencia e competitividade. É coautora de máis de 20 publicacións e participa en máis de 30 contratos con empresas e proxectos de investigación. Dirixiu máis de 40 traballos de fin de grao e de mestrado e proxectos fin de carreira. Co-dirixiu unha tese doutoral.

Desempeñou diversos cargos de xestión: foi secretaria, subdirectora de Organización Académica e coordinadora de Calidade da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía; coordinou os graos en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e o Mestrado en tecnoloxías para a protección do patrimonio cultural inmoble; directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade Universitaria na Universidade de Vigo.

  • A promoción e a difusión da oferta académica da Universidade.
  • As relativas á captación e ao acceso do alumnado da Universidade, en coordinación coa Vicerreitoría de Internacionalización cando se trate de alumnado estranxeiro.
  • As correspondentes ao aloxamento e ao transporte.
  • O recoñecemento de créditos ao estudantado pola realización de actividades universitarias complementarias, así como a convocatoria, xestión e recoñecemento de prácticas externas.
  • As relacionadas co recoñecemento, defensa e vixilancia dos dereitos e deberes do estudantado, incluídas as relativas á avaliación e á cualificación do alumnado.
  • A proposta e a xestión de actuacións para mellorar a formación transversal do estudantado.
  • A supervisión da execución dos procesos para conceder bolsas e axudas convocadas por outras institucións públicas ou privadas, incluída, se é o caso, a presidencia ou a representación da Universidade nos distintos órganos que se constitúan para a súa xestión.
  • As relacionadas co fomento do emprego e do emprendemento do estudantado.
  • O deseño, planificación e xestión dos programas de mobilidade e intercambio no marco do Estado.
  • As relativas ás relacións da Universidade cos seus graduados e graduadas.
  • A promoción, o impulso e a xestión do asociacionismo universitario.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
  • As referidas á convocatoria e concesión das bolsas de estudo propias destinadas a subvencionar as actividades académicas do alumnado da Universidade.

 

Axenda


Organización

  • Promover actuacións innovadoras e contextualizadas co fin de incentivar o emprego, autoemprego e emprendemento do alumnado e persoas tituladas pola Universidade de VIgo.
  • Favorecer, mediante a participación nestas accións, a empregabilidade e a inserción do estudantado no mundo laboral.
  • Entre as liñas de actuación levadas a cabo na área destacan o servizo de orientación laboral (SOL), as actividades de intermediación, a difusión de ofertas de emprego, prácticas externas, os programas de emprendemento e de mobilidade transfonteriza e a creación e o impulso da comunidade Alumni-UVigo.

Maruxa Álvarez Jiménez
Directora da Área de Emprego e Emprendemento
+34 986 818 710
emprego@uvigo.gal

Lilian Álvarez García
Secretaría
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal

 

Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal