Vicerreitoría de Estudantes

 

Dolores González

Dolores González
Vicerreitora

Licenciada e doutora en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora titular do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá na Facultade de Filoloxía e Traducción da Universidade de Vigo, con docencia no Grao en Linguas Estranxeiras e nos programas de posgrao do seu departamento.

As súas liñas de investigación enmárcanse no eido do cambio lingüístico e variación na lingua inglesa, así como na avaliación das competencias lingüísticas dos falantes de inglés como lingua estranxeira. Participou en varios proxectos de investigación estatáis e autonómicos relacionados coa análise da lingua inglesa en distintos períodos da súa historia e é autora de numerosos traballos publicados en revistas e volúmenes de difusión internacional.

De 2004 a 2010 exerceu como coordinadora da sección de inglés do Centro de Linguas e dende o 2010 é Directora da Área de Linguas da Universidade.

 

  • A promoción e difusión da oferta académica a nivel nacional e internacional, así como coordinar a captación e acceso do alumnado á Universidade.
  • As relacionadas co recoñecemento, defensa e vixilancia dos dereitos e deberes do estudantado, incluídas as relativas á avaliación e cualificación do alumnado.
  • A proposta e xestión de actuacións para a mellora da formación transversal do estudantado.
  • As correspondentes á proposta, coordinación e xestión das políticas de fomento do multilingüismo na Universidade de Vigo.
  • As relativas á convocatoria e xestión de prácticas externas.
  • O recoñecemento de créditos ao estudantado por realización de actividades universitarias complementarias.
  • O establecemento, impulso e execución dos procesos para a concesión de bolsas e axudas con fondos propios da Universidade de Vigo no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores.
  • A supervisión da execución dos procesos para a concesión de bolsas e axudas, convocadas por outras institucións públicas ou privadas incluíndo, de ser o caso, a presidencia e/ou representación da Universidade nos distintos órganos que se constitúan para a súa xestión.
  • A proposta e xestión de programas de mobilidade do estudantado no marco do Estado.
  • As relacionadas co fomento do emprego do estudantado.
  • As relativas as estratexias de fomento do emprendemento do estudantado, agás as relativas aos campus de especialización da Universidade de Vigo.

 

Neste momento estamos actualizando os contidos, polo que a seguinte ligazón leva á páxina da versión anterior da web. Agardamos ter publicadas o antes posible as novas informacións.

Edificio Miralles
Campus Universitario, CP 36310 - Vigo
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.es

 

    Os contidos desta páxina xestiónaos