Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Susana Reboreda Morillo, vicerreitora
Susana Reboreda Morillo é catedrática no Departamento de Historia, Arte e Xeografía desde 2024. É profesora titular de Historia Antiga desde o ano 1997 na Universidade de Vigo, onde iniciou e leva desenvolvendo sen interrupción o seu labor docente e investigador desde 1991.
É coordinadora do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo e colaboradora do Grupo Deméter, Maternidades y familias da Universidad de Oviedo. As súas liñas de investigación preferentes relaciónanse principalmente coa mitoloxía grega e coa muller na historia antiga de Grecia. Sobre ambas as temáticas ten máis de 50 traballos publicados en revistas e libros en editoriais de impacto.
Na actualidade é a investigadora principal dun proxecto de investigación do Ministerio titulado Vulnerabilidad intrafamiliar y política en el mundo antiguo (PID2020-116349GB-100) e investigadora do proxecto Europeo Horizon 2020: rurALLURE: Promotion of rural museums and heritage sites in the vicinity of European pilgrimage routes, dirixido polo profesor da Universidade de Vigo Martín López Norescon vixencia entre 2021-2022 (ref. 101004887).
Entre os cargos de xestión desenvolvidos, cómpre detacar que foi decana da Facultade de Historia en dúas ocasións, vicedecana deste centro e directora da Área de Coordinación e Estudantes do Campus de Ourense.
Competencias
- A proxección da Universidade na vida cultural e deportiva do territorio de influencia da Universidade de Vigo.
- As de organización, fomento, realización e seguimento de actividades de extensión universitaria, así como de atención e información á comunidade universitaria.
- As relativas a actividades de promoción cultural e mecenado.
- As relativas á Área de Normalización Lingüística.
- As relativas á responsabilidade social e Axenda 2030, servizos sociais e participación.
- A promoción, estímulo e dirección da xestión de actividades de acción solidaria, voluntariado e cooperación universitaria ao desenvolvemento.
- A definición e a execución da política de acción social.
- As relativas á transparencia e goberno aberto.
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
- A proposta e o desenvolvemento de plans para a inclusión das persoas con necesidades de apoio educativo na Universidade de Vigo.
Axenda
Área de Equidade e Cooperación
- Organizar as tarefas derivadas das iniciativas sobre a equidade e a diversidade na Universidade de Vigo.
- Supervisar e controlar as actividades derivadas do plan de responsabilidade social, servizos sociais, acción social e participación.
- Realizar o seguimento do plan PIUNE e desenvolver aqueloutros plans para a integración total das persoas con diversidade funcional.
- Asesorar e promover actividades de acción solidaria, voluntariado e cooperación no ámbito universitario.
- Asesorar nas convocatorias de bolsas, axudas e premios nos ámbitos competenciais anteriores.
Henar Quintas Salgado
Directora da Área de Equidade e Cooperación
+34 986 130 261
direc.equidade@uvigo.gal
Área de Normalización Lingüística
- Asesoramento e apoio na execución das actividades da área.
- Colaboración no deseño de actividades.
- Tarefas de representación.
Benigno Fernández Salgado
Director da Área de Normalización Lingüística
+34 986 816 574
diranl@uvigo.gal
Secretaría
Lilian Álvarez García
Secretaría
+34 986 813 586
vice.extension@uvigo.gal
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
vice.extension@uvigo.gal