Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais

Manuel Fernández

Manuel Fernández
Vicerreitor

Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo. Dende 1990 exerce como profesor no Departamento de Enxeñería Telemática.

Ten máis dun centenar de publicacións, e participa regularmente en proxectos internacionais, estatáis e autonómicos, con universidades, institucións e empresas do sector TIC.

Exerceu como Comisionado para o espazo europeo de educación superior da Universidade de Vigo, con rango de Vicerreitor (2004-05) e como membro do Grupo de Promotores de Boloña do programa Sócrates da Unión Europea. Entre agosto de 2005 e abril de 2009 incorporouse ao goberno galego como Director Xeral de Comunicación Audiovisual, dentro da estructura da Secretaría Xeral de Comunicación dependente do Presidente da Xunta de Galicia. Dende xuño de 2010 exerce de Vicerreitor.

  • Manuel Fernández Iglesias
    Vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais
    +34 986 813 587
    vicext@uvigo.es
  • Alejandro Cadabón Figueroa
    Secretaría da Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais
    +34 986 813 587
    vicext@uvigo.es
  • Miguel Ángel Nombela Castaño
    Director da Área de Extensión Universitaria
    +34 986 813 418
    mnombela@uvigo.es

  • A promoción e desenvolvemento de accións de proxección da Universidade na vida cultural e deportiva.
  • O impulso da colaboración con institucións públicas e privadas para o desenvolvemento de actividades culturais e deportivas e o fomento da participación dos membros da comunidade universitaria.
  • As correspondentes a servizos sociais e participación, aloxamento e transportes, así como as relativas á atención e información á comunidade universitaria.
  • A proposta e desenvolvemento de plans para a integración total das persoas con necesidades educativas específicas na Universidade de Vigo.
  • A organización, realización e seguimento dos cursos de extensión universitaria e do programa de maiores.
  • O fomento da internacionalización e o deseño das estratexias e políticas para as relacións internacionais e a cooperación internacional, salvo as vinculadas especificamente aos campus de especialización da Universidade de Vigo.
  • A representación institucional en foros e eventos internacionais.
  • A sinatura de acordos, convenios e protocolos relacionados coa actividade internacional da Universidade de Vigo, cando así sexa considerado oportuno polo reitor, agás as relativas aos campus de especialización da Universidade de Vigo.
  • O deseño, planificación e xestión dos programas internacionais de mobilidade e intercambio.
  • A promoción, estímulo e dirección da xestión de actividades de voluntariado no ámbito universitario.
  • A promoción, impulso e xestión do asociacionismo universitario.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

Neste momento estamos actualizando os contidos, polo que a seguinte ligazón leva á páxina da versión anterior da web. Agardamos ter publicadas o antes posible as novas informacións.

Edificio Miralles
Campus Universitario s/n
36310 Vigo
+34 986 813 587
vicext@uvigo.es

 

    Os contidos desta páxina xestiónaos