Vicerreitoría de Internacionalización

Maribel del Pozo Triviño, vicerreitora de Internacionalización

 

Maribel del Pozo Triviño é licenciada en Filoloxía Hispánica pola National University of Ireland (homologado polo MEC) e licenciada e doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. É tradutora-intérprete xurada cunha longa traxectoria profesional no ensino de linguas e na tradución e interpretación. É profesora titular da Universidade de Vigo na Facultade de Filoloxía e Tradución onde foi vicedecana de Relacións Internacionais (2015-2020) e enlace de Igualdade (2015-2022).

Imparte docencia de grao e de posgrao, tanto en España como no estranxeiro (UAB, UAH, UJI, UPC, UGhent etc.). Dirixe o Grupo de Innovación Docente «LINKTERPRETING. Enseñar desde os dereitos humanos» e é a coordinadora do portal LINKTERPRETING. Dirixe varias teses de doutoramento e numerosos TFG e TFM, tanto na Univesidade de Vigo como noutras universidades españolas e estranxeiras.

Ten dous sexenios de investigación e un de transferencia e conta con numerosas publicacións sobre tradución xurídica, interpretación nos servizos públicos, igualdade e violencia de xénero. 

Dirixiu varios proxectos, tanto europeos (SOS-VICS) como de cooperación ao desenvolvemento (MELINCO) e, na actualidade, é representante da Universidade de Vigo e membro da Xunta Directiva da Asociación de Universidades del Estado Español con Titulaciones Oficiales en Traducción e Interpretación (AUnETI) e asesora do Ministerio de Xustiza, ademais de colaborar con diversas entidades sociais para mellorar a comunicación con persoas con barreiras lingüísticas e culturais. 

  • O fomento e o deseño das estratexias e políticas para as relacións internacionais e a cooperación internacional.
  • A representación institucional en foros e en eventos internacionais.
  • A sinatura de acordos, convenios e protocolos relacionados coa actividade internacional da Universidade de Vigo, cando así sexa considerado oportuno polo reitor.
  • O deseño, a planificación e a xestión dos programas internacionais de mobilidade e intercambio.
  • As relativas á captación e ao acceso do alumnado estranxeiro, en coordinación coa Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade.
  • A proposta, formalización e contratación de redes e proxectos internacionais de mobilidade de estudantes e persoal da Universidade (PDI, PTXAS).
  • A proposta, formalización e contratación de redes internacionais de cooperación.
  • As tarefas relacionadas coa participación na Universidade Europea ATHENA.
  • A posta en marcha de iniciativas relativas ás competencias lingüísticas do estudantado, e a do persoal da comunidade universitaria, agás as relativas á lingua galega.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

Axenda


Organización

Liña 1: UVigo internacional

  • Elaborar o I Plan de internacionalización da Universidade de Vigo.
  • Establecer acordos marco e específicos con outras universidades, con especial fincapé no ámbito hispanófono e lusófono.
  • Revisar as normativas vixentes.
  • Promover acordos para a posta en marcha de dobres titulacións internacionais e titulacións conxuntas con universidades estranxeiras. 
  • Atraer talento internacional, especialmente de países hispanófonos e lusófonos, en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade.
  • Deseñar un programa de «internacionalización na casa» e formar o profesorado en COIL (Collaborative Online International Learning) e en mobilidades virtuais.
  • Mellorar a posición da Universidade de Vigo nas clasificacións internacionais máis salientables.
  • Apoiar en tarefas relacionadas coa Universidade Europea ATHENA.

Liña 2. Mobilidade internacional

  • Ampliar a oferta de universidades e de países de destino para as mobilidades.
  • Aumentar a captación de fondos para as mobilidades internacionais de grao, mestrado, doutoramento e prácticas, a través de diferentes programas (para estudantes, PDI e PAS).
  • Difundir os programas de mobilidade nos tres campus. 
  • Dixitalizar os procesos da Oficina de Relacións Internacionais (ORI) en liña con Erasmus Without Paper (EWP).
  • Deseñar e implantar un Welcome Center da Universidade de Vigo e mellorar os protocolos de benvida.

José Santiago Pozo Antonio
Director da Área de Promoción da Internacionalización
+34 692 120 845
dirinternacional@uvigo.gal

  • Revisar e actualizar o Plan de internacionalización lingüística da Universidade de Vigo.
  • Elaborar e pór en marcha un novo programa de docencia en inglés.
  • Consolidar o catálogo de graos/itinerarios/materias en inglés e noutras linguas.
  • Revisar o programa de materias English Friendly e consolidar o catálogo.
  • Mellorar as competencias lingüísticas da comunidade universitaria.
  • Deseñar e pór en marcha un plan piloto para a mellora do nivel de inglés do estudantado dos tres campus.
  • Elaborar un plan de visibilización do Centro de Linguas (CdL) e da súa oferta de ensino e de acreditación na comunidade universitaria.
  • Ampliar os convenios cos institutos oficiais de linguas (Confucio, Camões, Dante Alighieri, Goethe, entre outros).
  • Apoiar en tarefas relacionadas coa Universidade Europea ATHENA.

Óscar Ferreiro Vázquez
Director da Área de Plurilingüismo
+34 986 130 351
direc.pluriling@uvigo.gal

Patricia González Piñeiro
Secretaría
+34 986 813 587
internacional@uvigo.gal

 

Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
internacional@uvigo.gal