Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

Maria Asunción Longo

María Asunción Longo
Vicerreitora

Licenciada en Ciencias Químicas, especialidade Industrial, pola Universidade de Oviedo, Mestrado en Biotecnoloxía pola Universidade de Manchester (Reino Unido)e Doutora en Boitecnoloxía polo Institut National des Sciencs Appliquées de Toulouse (Francia), é Profesora Titular de Enxeñería Química na Universidade de Vigo.

Na UVigo desenvolvolveu a súa actividade docente nas titulacións de Química Ciencias do Mar e Enxeñería Industrial, ademais de participar en varios programas de doutoramento e mestrado.

Foi membro da Comisión Permanente e da Comisión de Plan de Estudos da Facultade de Química, e desde o ano 2010 desempeña o cargo de Vicerreitora de Investigación.  Previamente foi directora do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación da Universidade de Vigo e Xestora do Programa de Recursos humanos de Investigación da dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia.

  • José Luis Alba Castro
    Director da Área de Transferencia
    +34 986 812 680
    dir.transfer@uvigo.es
  • Anxo Moreira González
    Director da Área Técnica de Investigación, Desenvolvemento e Innovación
    +34 986 812 052
    dir.idi@uvigo.es
  • Carmen Serra Rodríguez
    Directora da Área Técnica de Centros de Apoio á Investigación
    +34 986 813 882
    dir.atc@uvigo.es
  • Irene Alejo Flores
    Directora do Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación (CACTI)
    +34 986 812 132
    dircacti@uvigo.es
  • África González Fernández
    Directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO)
    +34 986 130 140 , +34 986 130 141
    dircinbio@uvigo.es
  • Carlos Mosquera Nartallo
    Director do Centro Atlántico de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicacións (AtlantTIC)
    +34 986 812 116
    atlanttic@uvigo.es
  • Xosé Antón Vila Sobrino
    Director do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)
    +34 988 387 400
    citi@uvigo.es
  • Jesús Souza Troncoso
    Director da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT)
    +34 986 815 700
    ecimat@uvigo.es
  • Ángel M. Espada Seoane
    Director do Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial (MTI)
    +34 986 130 153
    dirmti@uvigo.es
  • María del Carmen Álvarez Veleiro
    Secretaría
    +34 986 813 597
    vicinv@uvigo.es

 

  • O deseño e implantación de políticas que fomenten a investigación de excelencia, a transferencia de coñecemento ao tecido socioeconómico e a súa difusión á sociedade.
  • A promoción, avaliación e recoñecemento das actividades de investigación e de transferencia de coñecemento en todos os ámbitos na Universidade de Vigo.
  • As correspondentes ás relacións con axentes de investigación e con outros centros de I+D+i, nacionais e internacionais, agás as asociadas especificamente aos campus de especialización da Universidade de Vigo.
  • As correspondentes ás estruturas propias de investigación e centros propios de investigación, agás as directamente relacionadas cos campus de especialización da Universidade de Vigo.
  • As de xestión e coordinación dos recursos de investigación e as de realización de propostas de equipamento de centros de investigación.
  • As relacionadas cos parques científicos e tecnolóxicos, centros tecnolóxicos, empresas de base tecnolóxica e viveiros de empresas, agás os situados no ámbito de influencia dos campus de Ourense e Pontevedra.
  • A proposta, formalización e contratación de proxectos de investigación e de transferencia de resultados de investigación, tanto no ámbito nacional como internacional.
  • O impulso e supervisión da xestión da valorización, protección e explotación dos resultados da investigación na Universidade de Vigo.
  • As relacionadas coa potenciación da oferta específica de plans de formación para empresas, institucións e profesionais.
  • Autorización e sinatura de contratos, informes e cursos ao abeiro do artigo 83 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU).
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

 

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia
Campus universitario s/n
36210 VIGO
+34 986 813 597
vicinv@vigo.es

Os contidos desta páxina xestiónaos