Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación

Belén Rubio Armesto, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación

 

Belén Rubio Armesto é catedrática de Estratigrafía no Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da Universidade de Vigo desde 2009. Profesora da Universidade de Vigo desde 1991, impartiu clases de grao, mestrado e doutoramento. Dirixiu seis teses de doutoramento e 13 traballos de fin de grao, mestrado e licenciatura.

Como investigadora, pertence ao Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental, no que centra o seu traballo no estudo da sedimentoloxía dos medios mariños costeiros e profundos, con énfase na contaminación por metais, os cambios diaxenéticos e a evolución paleoambiental e paleoclimática. Con cinco sexenios de investigación e un de transferencia, participou en máis de 30 proxectos de investigación, en nove deles como investigadora principal, nos ámbitos autonómico, nacional e europeo, así como nuns 20 contratos con empresas. Ten publicados máis de 100 traballos científicos (artigos en revistas, capítulos de libros etc.), máis da metade en revistas JCR. Participou en máis dunha ducia de campañas oceanográficas e conta con máis de 200 contribucións a congresos.

No ámbito da xestión, foi decana da Facultade de Ciencias do Mar (2013-2018). Desde 2013 está activamente implicada como membro do Consello de Goberno da Universidade de Vigo. Foi secretaria da Conferencia de decanos e decanas de ciencias do mar desde a súa constitución en 2015 ata xuño de 2018. Tamén foi secretaria do departamento durante máis de 12 anos. Desde 2018 é vicerreitora de Investigación, membro do comité executivo da CRUE de I+D+i e coordinadora da súa Rede Divulga.

Participou en comisións de avaliación de proxectos, profesorado, bolsas etc. Ten experiencia na organización de congresos, seminarios, xornadas e participou na organización de nove congresos internacionais, un deles como coordinadora. É revisora habitual de artigos en revistas do JCR, no campo das xeociencias e das ciencias ambientais.

  • O deseño e a implantación de políticas que fomenten a investigación de excelencia e a súa transferencia ao tecido socioeconómico, así como a súa difusión á sociedade a través da Unidade de Cultura Científica en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.
  • A promoción, avaliación e recoñecemento das actividades de investigación e de transferencia de coñecemento en todos os ámbitos da Universidade de Vigo.
  • As relacionadas coas diferentes convocatorias de axudas e de bolsas de investigación e de transferencia.
  • As relativas á Biblioteca Universitaria e ao Servizo de Publicacións.
  • As de realización de propostas de equipamento de centros de investigación e as de xestión e coordinación dos recursos de investigación.
  • As correspondentes aos institutos universitarios, centros de investigación e agrupacións estratéxicas de investigación.
  • A proposta, formalización e contratación de proxectos de investigación e transferencia, tanto no ámbito nacional como internacional.
  • As relacionadas con contratos, informes e cursos do artigo 83 da LOU.
  • As referentes á transferencia de tecnoloxía e á valorización e protección de resultados.
  •  As correspondentes á Oficina de I+D, á Oficina de Proxectos Internacionais e as relacións con outros centros de I+D, en coordinación coa Vicerreitoría de Internacionalización.
  • As relacionadas cos parques tecnolóxicos, centros tecnolóxicos, empresas de base tecnolóxica e viveiros de empresas, en coordinación, de ser o caso, coas vicerreitorías dos Campus de Ourense e de Pontevedra.
  • As relacionadas coa potenciación de plans de formación para empresas, institucións e profesionais.
  • As relacionadas con cátedras e aulas provenientes da relación universidade-empresa, en coordinación coa Vicerreitoría de Relacións coa Empresa.
  • As relacionadas coa planificación, coordinación e execución de políticas e accións relativas ao Campus do Mar e Campus Vigo Tecnolóxico, ademais das relativas aos campus de especialización Auga en Ourense e CREA en Pontevedra, en coordinación coas vicerreitorías dos Campus de Ourense e de Pontevedra, dentro do marco das políticas xerais que a universidade defina para os seus campus de especialización.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

Axenda

 

Organización

  • Apoiar a vicerreitoría na definición de estratexias e de oportunidades relacionadas coa investigación e impulsar as propostas de política científica na Universidade de Vigo
  • Actualizar ou modificar as normativas relativas ao ámbito da investigación.
  • Contribuír á elaboración da convocatoria de produción científica e de axudas propias, así como doutras convocatorias da vicerreitoría.
  • Coordinar a implantación do selo HRS4R.
  • Impulsar a política de ciencia aberta. 
  • Xestionar os convenios de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de accións de I+D+i
  • Realizar o seguimento do Plan estratéxico 2021-2026 da Universidade de Vigo no ámbito da investigación.
  • Todas aquelas funcións afíns á dirección de área que resulten necesarias.

Ana Bernabeu Tello
Directora da Área de Investigación​​​​​
+34 986 130 292
dir.inv@uvigo.gal

  • Coordinar e dirixir as actividades do Servizo de Publicacións e convocar a Comisión de Publicacións.
  • Elaborar as previsións orzamentarias e executar o orzamento de ingresos e de gastos do servizo. 
  • Elaborar e propoñerlle á comisión a política editorial do servizo.  
  • Redactar a convocatoria anual de publicacións de monografías e manuais para a súa remisión á Vicerreitoria de Investigación, Transferencia e Innovación e publicala.  
  • Levar a cabo as edicións de carácter institucional.  
  • Xestionar os sistemas de comercialización e de distribución do fondo editorial.  
  • Aprobar as liñas xerais sobre o límite de tiraxes e o prezo de venda dos materiais do servizo. 
  • Asesorar a comunidade universitaria en materia de elaboración de material impreso.  
  • Encargar as xestións pertinentes para a obtención dos ISBN, dos ISSN e doutras licenzas relativas aos novos formatos electrónicos de publicación polo servizo, asi como a xestión do seu depósito legal. 
     

Jorge Luis Bueno Alonso
Director do Servizo de Publicacións
+34 986 812 235
dirsep@uvigo.gal

 

Daniel Rey García
Director do Campus do Mar e do CIM
+34 986 130 258
dir.campusdomar@uvigo.gal

José Ramón Gómez Gesteira
Subdirector do CIM
mggesteira@uvigo.gal

  • Asesorar a vicerreitoría no ámbito da transferencia: organización, normativas, convocatorias etc.
  • Dirixir, planificar e supervisar a organización, a acreditación e as accións do campus de especialización Vigo Tecnolóxico.
  • Promover, apoiar e coordinar as solicitudes de proxectos estratéxicos en colaboración coas empresas.
  • Representar a vicerreitoría e intermediar con asociacións, clústers, hubs, comités, comisións, asembleas etc, para as cuestións relacionadas coas empresas de base tecnolóxica, a innovación industrial e a transferencia de tecnoloxía.   
  • Coordinar, no consorcio ATHENA, as tarefas relacionadas coa innovación e a industria, pola parte da Universidade de Vigo.
  • Todas aquelas funcións afíns á dirección da área que resulten necesarias.  
     

Daniel Villanueva Torres
Director do Campus Vigo Tecnolóxico
dir.vigotec@uvigo.gal

 

Miguel Ángel Correa Duarte
Director do Cinbio
+34 986 130 140
dircinbio@uvigo.gal

Diana Valverde Pérez
Subirectora do Cinbio
+34 986 130 140
dianaval@uvigo.gal

 

Martín Llamas Nistal
Director de Atlanttic
attlantic@uvigo.gal

Yolanda Blanco Fernández
Subdirectora de Atlanttic
yolanda@det.uvigo.es

 

José Manuel García Estévez
Director da Ecimat
ecimat@uvigo.gal

 

Concepción Paz Penín
Directora do Cintexc
dircintecx@uvigo.gal

Félix Quintero Martínez
Subdirector do Cintexc
fquintero@uvigo.gal

 

Carlos Hervés Beloso
Director de Ecobas
ecobas@uvigo.gal

 

David Fernández Calviño
Director do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación

  • Apoiar o equipo de goberno na definición de estratexias e de oportunidades relacionadas coa internacionalización da universidade vinculadas á captación de financiamento europeo a través dos proxectos internacionais de educación.
  • Fomentar a través da Oficina de Proxectos Internacionais a participación da comunidade universitaria en proxectos internacionais de educación, facendo un acompañamento completo desde o xerme da idea ata a fin da implementación do proxecto.
  • Proporcionar asesoramento especializado ao persoal docente e investigador da Universidade de Vigo na procura de financiamento, socios, oportunidades e convocatorias de proxectos internacionais de educación, especialmente as publicadas pola Unión Europea. 
  • Axudar na comprensión dos requirimentos dos diferentes programas de financiamento internacionais para atopar o máis axeitado ao persoal solicitante da Universidade de Vigo.
  • Organizar e impartir xornadas formativas para o persoal que integra a comunidade universitaria en relación con novas convocatorias de financiamento europeas e a elaboración de propostas internacionais de educación exitosas. 
  • Identificar a alianza de expertos e expertas europeos existentes entre o persoal da Universidade de Vigo para a creación dun laboratorio de ideas UVigo (Think Tank) que poña en común as súas experiencias, transmita o seu coñecemento e afonde nas novas oportunidades sobre financiamento europeo educativo.
  • Contribuír á promoción das relacións internacionais e da imaxe internacional da Universidade de Vigo a través da difusión dos resultados dos proxectos internacionais de educación implementados e a participación en redes de universidades.
     

Eva Garea Oya
Directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación
+34 986 813 954
dir.edu.opi@uvigo.gal

  • Acompañar o persoal investigador en todo o ciclo de vida dos proxectos de investigación
  • Asesorar na procura de financiamento, socios, oportunidades e convocatorias.
  • Fomentar a participación da comunidade universitaria en proxectos internacionais de investigación.
  • Apoiar na preparación de solicitudes competitivas para todo tipo de programas de financiamento internacional da investigación.
  • Atender a xestión integral dos proxectos internacionais, asesorando na preparación dos informes de progreso na súa parte técnica e encargándose especialmente das cuestións administrativas e financeiras

Sabela González Panizo
Directora da Área de Proxectos Internacionais de Investigación
+34 986 818 639    
dir.inv.opi@uvigo.gal

Yolanda Faro Chamadoira
Secretaría
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal

Germán Pérez Juste
Secretaría
+34 986 130 257
vicinv@uvigo.gal

 

Edificio Filomena Dato
As Lagas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal