Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado

Ana Graña

Ana Graña
Vicerreitora

Licenciada e doutora en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora titular de universidade no Departamento de Química Física da Universidade de Vigo dende xaneiro de 2000. Actualmente imparte clases de grao en Química e nos Mestrados de Química Avanzada e Modelización Computacional. Participa nos doutoramentos de Ciencia e Tecnoloxía Química e Química Teórica e Modelización Computacional.

O seu traballo de investigación no campo da Química Teórica e Computacional dou lugar á publicación de artigos en revistas científicas, á participación en proxectos de investigación e á presentación de comunicacións en congresos. Nos últimos anos, a súa liña de investigación prinicipal estivo dedicada aos métodos de análise da densidade electrónica.

Desempeñou diversos cargos de xestión na Universidade e actualmente é Comisionada para Coordinación interna.

  • A ordenación de estruturas académicas, departamentos e centros.
  • A coordinación e control dos centros adscritos á Universidade, en materia académica.
  • A planificación, coordinación e supervisión dos procesos de elaboración e reforma de plans de estudos correspondentes aos títulos oficiais de grao e máster.
  • A organización académica das titulacións de grao e máster oficiais.
  • A organización da formación doutoral, segundo a normativa do ensino oficial de doutoramento.
  • A coordinación e supervisión dos títulos propios da Universidade de Vigo.
  • O establecemento da oferta anual de prazas en cada titulación.
  • A elaboración e revisión dos plans de organización docente anual e do cadro de persoal docente e investigador.
  • Coordinar a convocatoria e execución dos concursos de persoal docente funcionario e contratado e a aprobación das listas provisionais e definitivas de persoas admitidas.
  • As referentes aos programas de promoción e estabilización do persoal docente e investigador.
  • As referidas á organización, avaliación e seguimento dos procesos de calidade, entre eles os referidos á actividade docente e ao rendemento académico do estudantado.
  • As relacionadas con programas e accións de formación continua do profesorado e innovación educativa.
  • As relativas á situación administrativa do persoal docente e investigador, incluídos os procedementos de xubilación, así como a comunicación do recoñecemento dos complementos retributivos autonómicos.
  • Dirixir a negociación colectiva do persoal docente e investigador, asinar pactos e acordos e ditar resolucións e ordes de execución.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

 

Neste momento estamos actualizando os contidos, polo que a seguinte ligazón leva á páxina da versión anterior da web. Agardamos ter publicadas o antes posible as novas informacións.

Edificio Reitoría
Campus universitario s/n
36310 VIGO
+34 986 813 595
vicprof@uvigo.es

Os contidos desta páxina xestiónaos