Vicerreitoría de Profesorado e Ordenación Académica
Adela Sánchez Moreiras, vicerreitora
A catedrática do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo, Adela Sánchez Moreiras (Vigo,1971) é investigadora do Grupo de Agrobioloxía Ambiental: Calidade, Solos e Plantas e membro da xunta directiva do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación. Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, logo de acadar o seu doutoramento en Fisioloxía Vexetal no ano 2004, iniciou a súa carreira investigadora no Instituto Max Planck de Ecoloxía Química (Alemaña). No ano 2007 incorporouse á UVigo, onde foi nomeada catedrática en 2023. Ao longo da súa traxectoria realizou estadías de investigación en EEUU, Francia, Alemaña e Italia, ademais de exercer entre os anos 2010 e 2018 como secretaria e presidenta da mesa do PDI laboral.
Competencias
- As de elaboración do cadro teórico de persoal docente e investigador e a súa regulación e planificación a curto, medio e longo prazo, e a elaboración da proposta anual de masa salarial do dito persoal.
- As de elaboración e de modificación dos plans de organización docente e do cadro de persoal docente.
- As relativas aos concursos de profesorado.
- A aprobación das listaxes provisionais e definitivas de admitidos e excluídos nos concursos de persoal docente funcionario e contratado.
- As referentes aos programas de promoción e estabilización do persoal docente e investigador, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación.
- Todos os actos relativos á situación administrativa do persoal docente, incluídos os procedementos de xubilación e compatibilidades, así como a comunicación do recoñecemento dos complementos retributivos autonómicos.
- Asinar os contratos, os nomeamentos e os cesamentos do PDI laboral e do PDI funcionario.
- As referentes á ordenación de estruturas académicas, áreas de coñecemento, departamentos e centros, no relativo á súa actividade docente, en coordinación coa Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente.
- Dirixir a negociación colectiva, asinar pactos e acordos e ditar resolucións e ordes de execución en materia de persoal docente e investigador.
- A proposta de actualización ou modificación da normativa de xestión académica.
- As relacionadas coa tramitación e resolución de procedementos que teñan relación coas competencias obxecto de delegación.
- As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.
Axenda
Organización
Área de Procedementos e Sistemas
- Calendarización e visibilización dos procesos en curso e previstos na vicerreitoría.
- Mellora das ferramentas de xestión de acreditacións e de recoñecementos docentes
- Integración das fontes de datos e automatización de lotes de operacións desde e cara a Xescampus, Sigma, PeopleNet etc.
Sergio Herrería Alonso
Director da Área de Procedementos e Sistemas
direc.sistemas@uvigo.gal
Área de POD e Recoñecementos
- Xestión dos plans de organización docente
- Aplicación e seguimento de recoñecementos docentes
- Procedementos de xubilación e compatibilidades
- Participar da negociación colectiva
Marta Teijeira Bautista
Directora da Área de POD e Recoñecementos
direc.pod@uvigo.gal
Área de Prazas e Acreditacións
- Organización da contratación e da promoción do PDI da universidade, xestionando a publicación, revisión e xestión das prazas de profesorado.
- Procesos de promoción e de planificación derivados do mantemento de listaxes de persoas acreditadas.
Marta González Rodríguez
Directora da Área de Prazas e Acreditacións
direc.prazas@uvigo.gal
Secretaría
Carmen Álvarez Veleiro
Secretaría
+34 986 813 595
vicprof@uvigo.gal
Cristina Vázquez Ríos
Posto base
+34 986 813 435
auvpro02@uvigo.gal
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 595
vicprof@uvigo.gal