Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación

Medio plano de María Isabel Doval

María Isabel Doval
Vicerreitora

Titular de universidade, foi subdirectora xeral de Universidades da Xunta de Galicia durante o goberno de Emilio Pérez Touriño, membro do Comité Técnico da ACSUG e vogal do CONGACODE. Participou coma membro da Mesa do Claustro da UVigo e do Consello de Campus de Ourense e foi  directora e secretaria do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación.

Imparte materias relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á educación nos graos de Educación Infantil e Educación Social da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense e dá clases no Máster de Formación do Profesorado. Participa como avaliadora de proxectos europeos e no programa H2020 foi vice-chair. Ten experiencia na organización de feiras interuniversitarias, congresos internacionais sobre TIC e ensino e sobre practicum e prácticas na universidade e na empresa. Dirixiu tamén varios seminarios e accións formativas sobre igualdade de xénero e inclusión educativa e social. Participou en cinco proxectos nacionais de investigación e noutros tantos europeos e foi profesora visitante en varias universidades europeas, de Kirguistán e en Marrocos. Nos últimos anos está interesada especialmente no estudo e divulgación de métodos e enfoques da investigación participativa.

Actualmente participa nun proxecto Jean Monnet sobre deseño de programas e recursos educativos sobre cultura europea e en dous proxectos (Erasmus+ Capacity Building e Twinning) para a modernización das universidades de Marrocos no seu achegamento ao EEES.

  • Águeda Gómez Suárez
    Directora de Área de Igualdade de Oportunidades
    +34 986 813 419
    igualdade@uvigo.es      

  • As relativas á responsabilidade social, servizos sociais e participación.
  • A proposta e o desenvolvemento de plans para a integración total das persoas con necesidades educativas específicas na Universidade de Vigo.
  • A promoción, o estímulo e a dirección da xestión de actividades de acción solidaria, voluntariado e cooperación no ámbito universitario.
  • A promoción, o impulso e a xestión do asociacionismo universitario.
  • A definición e a execución da política de acción social.
  • As correspondentes aos comedores universitarios.
  • As relacionadas coa Unidade de Igualdade.
  • A proposta, a formalización e a contratación de redes e proxectos internacionais de cooperación, en coordinación coa Vicerreitoría de Internacionalización.
  • As relativas a actividades de promoción cultural e mecenado.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
secvicrsic@uvigo.es