Vicerreitoría de Transferencia

Vicerreitora UVigo María Consuelo Pérez

María Consuelo Pérez
Vicerreitora


Licenciada pola USC e doutora pola Universidade de Vigo en Ciencias Químicas, acadando mención de Doutoramento Europeo, é profesora contratada doutora no Departamento de Enxeñaría dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construción na EEI da UVigo.

A sua investigación está centrada no campo da electroquímica e a súa aplicación á industria. As liñas de traballo que desenvolve na actualidade son: a protección contra a corrosión de diferentes aliaxes metálicas, a pasividade dos aceiros no formigón e o reforzamento de aliaxes metálicas lixeiras. Antes de incorporarse coma profesora á UVigo, realizou varias estancias de investigación en centros nacionais e internacionais: INETI (Lisboa), CNRS –LPLE (París), Politécnico di Milano (Milano), IETCC (Madrid), Instituto Rocasolano (Madrid) e na FEUP (Porto).

Como investigadora participou en 13 proxectos de investigación obtidos en concorrencia competitiva (internacionais, nacionais e autonómicos) e en 14 proxectos con empresas. Ten publicados máis de 50 artigos e presentado máis de 100 relatorios a congresos internacionais e nacionais, o que lle permitiu acadar 3 sexenios de investigación. Respecto á súa actividade docente, impartiu docencia universitaria en todos os niveis, sendo esta recoñecida con 4 quinquenios docentes.
 

  • Carlos Mosquera Nartallo
    Director do Centro Atlántico de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicacións (AtlantTIC)
    +34 986 812 116
    atlanttic@uvigo.es

  • As relacionadas con contratos, informes e cursos do artigo 83 da LOU.
  • As referentes á transferencia de tecnoloxía e a valorización e protección de resultados de investigación.
  • O deseño e a implantación de políticas que fomenten a transferencia do coñecemento ao tecido socioeconómico e a súa difusión á sociedade.
  • A promoción, a avaliación, a divulgación e o recoñecemento das actividades de transferencia de coñecemento en todos os ámbitos da Universidade de Vigo.
  • As relacionadas cos parques tecnolóxicos, centros tecnolóxicos, empresas de base tecnolóxica e viveiros de empresas.
  • As relacionadas coa potenciación de plans de formación para empresas, institucións e profesionais.
  • As relacionadas coa xestión, coordinación e propostas de equipamento de centros tecnolóxicos, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación.
  • As correspondentes á Oficina de I+D e as relacións con outros centros de I+D, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación e a Vicerreitoría de Internacionalización.
  • A proposta, formalización e contratación de proxectos de transferencia de resultados de investigación, tanto no ámbito nacional como internacional, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación e a Vicerreitoría de Internacionalización.
  • As relacionadas con cátedras e aulas provenientes da relación universidade-empresa, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación e a Vicerreitoría de Economía.
  • As relacionadas coa planificación, a coordinación e a execución de políticas e accións relativas ao Vigo Tecnolóxico, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación e dentro do marco das políticas xerais que a universidade defina para os seus campus de especialización.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

Edificio Reitoría
Campus universitario s/n
36210 Vigo
+34 986 813 597
victran@uvigo.es