Comisión contra o acoso sexual e por razón de sexo
A comisión contra o acoso sexual e por razón de sexo é o órgano colexiado encargado da aplicación do protocolo de prevención e de acción fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo na Universidade de Vigo. Regúlase no capítulo III do dito protocolo.
A comisión contra o acoso sexual e por razón de sexo ten as seguintes funcións:
- Informar o órgano competente sobre a adopción das medidas preventivas axeitadas para evitar as posibles situacións de violencia sexual, especificamente de acoso sexual ou por razón de sexo que se poidan producir na contorna universitaria.
- Analizar as denuncias sobre posibles situacións de acoso sexual e por razón de sexo que se presenten ante esta e decidir sobre a apertura do procedemento previsto neste protocolo.
- Tramitar as denuncias admitidas e emitir un informe motivado sobre a situación denunciada.
- Solicitarlle á reitora ou reitor as medidas de protección á vítima que se consideren necesarias adoptar durante a tramitación do procedemento previsto neste protocolo.
- Facer un seguimento da aplicación do presente protocolo, co apoio da Unidade de Igualdade, coa finalidade de analizar o seu correcto funcionamento e eficacia e, no seu caso, propoñer a súa modificación ante o Consello de Goberno.
A comisión estará constituída por:
- A persoa que desempeña a dirección da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, quen asumirá a presidencia da comisión e será a representante do reitor ou reitora.
- Representante do PDI.
- Representante do PTXAS.
- Representante do estudantado.
- Representante da Xerencia, que actuará como secretario ou secretaria.
- Representante da Secretaría Xeral
Membros
- Presidencia
Yolanda Rodríguez Castro, directora da Unidade de Igualdade - Secretaría
Noemí Sirera Diéguez, vicexerenta de Recursos Humanos - Secretaría Xeral
M.ª José Bravo Bosch, secretraia xeral - PDI
José María Failde Garrido - PTXAS
David Basalo Domínguez - Estudantado
Manuel Leonardo Torrecilla Río




