Comisión de extensión universitaria e estudantes

A Comisión de extensión universitaria e estudantes é unha comisión delegada do Consello de Goberno, presidida pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria e a vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación.

  • Natalia Caparrini Marín
    Membro nato. Vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
  • María Isabel Doval Ruiz 
    Membro nato. Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
  • Consuelo Currás Valle
    PDI
  • Óscar Ferreiro Vázquez
    PDI
  • Concepción Paz Penín
    PDI
  • Juan Picos Martín. DPI
  • Susana Reboreda Morillo
    PDI
  • Adrián Balado Barciela
    Estudantado
  • Danae Romero Sánchez
    Estudantado
  • Xoán M. Cebro Rodríguez
    PAS
  • Ernesto Pedrosa Silva
    Consello Social
  • Begoña González de Prado
    Organizacións sindicais
  • Luís Pérez Gómez
    Organizacións sindicais

  • Informar das propostas para o desenvolvemento das iniciativas de proxección das funcións e servizos da institución universitaria ao seu contorno social.
  • Informar e propor as iniciativas de atención á defensa, desenvolvemento e difusión da cultura galega desde a institución universitaria.
  • Propor a organización de actividades de extensión universitaria.
  • Informar e propor o reparto de partidas orzamentarias que correspondan ás vicerreitorías da súa área de competencia.
  • Informar e propoñer normas sobre a organización dos servizos xerais de atención á comunidade universitaria.
  • Elaborar e propor medidas de información e asesoramento ao alumnado.
  • Informar sobre a convocatoria e aprobación dos programas de intercambio.
  • Informar das distintas solicitudes de colaboración coa Oficina de Prestación Social dos Obxectores de Conciencia e coa Oficina do Voluntariado.
  • Estudar as propostas relativas á coordinación do centro de información, asesoramento e promoción (SIOPE).
  • Estudar e informar das propostas de creación de asociacións e/ou organizacións específicas de estudantes no seo da Universidade de Vigo.
  • Propor as medidas e medios necesarios para que as delegacións de alumnado e as asociacións estudantís, recoñecidas na Universidade de Vigo, poidan levar a cabo as actividades que lles son propias.
  • Informar dos proxectos de regulamento e normativa da súa área de competencia.