Comisión de reclamacións a prazas de profesorado contratado
Esta comisión encárgase de resolver as reclamacións contra as resolucións das comisións para xulgar as prazas de PDI contratado non permanente.
Regúlase no artigo 19 do Regulamento de réxime interno do Consello de Goberno.
Esta comisión será elixida polo Consello de Goberno, mediante maioría absoluta, en votación secreta, por un período de catro anos, agás no caso da representación do alumnado a elección será por dous anos. As vacantes que se produzan cubriranse mediante unha nova elección.
Composición
Está presidida pola persoa responsable da vicerreitoría da área de profesorado e constituída por:
- Seis docentes con vinculación permanente á universidade (garantirase a presenza dunha persoa por cada ámbito científico das cales, polo menos catro, posuirán o título de doutor/a.
- Un representante do estudantado
Membros
Presidencia
- Rebeca P. Díaz Redondo, vicerreitora de Persoal Docente e Investigador
PDI
- Felipe José Gil Castiñeira
- Gonzalo Benito Méndez Martínez
- M.ª Isabel Míguez González
- M.ª Rosa Pérez Rodríguez
- Ezequiel Rey Eiras
- Virxilio Rodríguez Vázquez
Estudantado
- Vacante




