Comité ético de experimentación animal
O Comité Ético de Experimentación Animal (CEEA/OH da Universidade de Vigo) nace do compromiso da Universidade de Vigo de garantir a máxima preservación posible do benestar dos animais incluídos en proxectos de investigación.
Creación e cambios posteriores
Coa finalidade de cumprir coa lexislación vixente relativa a animais de experimentación (AE) e de fomentar o uso responsable e ético dos mesmos, e seguindo a normativa do Decreto 296/2008 no seu capítulo II artigo 5, a Universidade de Vigo creou en xullo de 2010 o Comité Ético de Benestar Animal (CEBA).
O Comité ético de Benestar animal (CEBA), cambiou o seu nome a "Comité Ético de Experimentación Animal (CEEA)" con data de 18 de novembro de 2013, co fin de empregar a mesma denominación que aparece no Real Decreto 53/2013 de 1 de febreiro de 2013 (BOE, 8 febreiro, 2013) para os comités éticos dos centros usuarios de animais de experimentación.
O CEEA da Universidade de Vigo foi designado órgano habilitado pola Xunta de Galicia con data 6 de setembro de 2016. O CEEA/OH da Universidade de Vigo ten, así, delegada a función de avaliación no proceso de autorización de proxectos con animais da Xunta de Galicia.
Funcións
As actividades do CEEA realízanse có propósito de avaliar, dende o punto de vista ético, os procedementos que van utilizar AE, velar polo benestar dos animais utilizados en docencia, investigación ou en probas de laboratorio, e promover cursos de capacitación para as persoas que utilizan ou van utilizar animais.
Como órgano habilitado, o CEEA da Universidade de Vigo avalía os proxectos verificando que se cumpran os seguintes aspectos:
- Xustificación dende o punto de vista científico, educativo, ou legal/regulamentario
- Xustificación da utilización de animais
- Realización dos procedementos de forma humanitaria e respectuosa co medio ambiente
- Conformidade cos principios das 3Rs: “Reemplazo, reducción ,refinamiento”.
O CEEA emite informes de avaliación destinados ás autoridades competentes e realiza, asemade, a vixilancia dos proxectos avaliados segundo o establecido pola normativa.
Membros
- Isabel Manzano Rodríguez-Presidenta. Responsable de Sanidade Animal, titulación D, Veterinaria,
- Dra. Marina Peña Penabad-Secretaria. Veterinaria designada do Servizo de Bioexperimentación (SB-UVI) e do ECIMAT, Titulación D
- Dr. Jesús Míguez Miramontes- Vogal 1. Profesor Titular de Universidade. Dpto. de Bioloxía Funcional e C.C. da Saúde. Titulación C.
- Dr. José Manuel Faro Rivas-Vogal 2. Profesor Contratado Doutor do área de Inmunoloxía,Titulación B y C.
- Dr. José Antonio Lamas-Vogal 3 Profesor Titular de Universidade. Dpto. de Bioloxía Funcional e C.C. da Saúde, Titulación C.
- Dr. José Manuel García Estévez-Vogal 4. Profesor Titular de Universidade. Dpto. de Bioloxía Funcional e C.C. Saúde. Titulación C.
- D. Raúl Iglesias Blanco - Vogal 5. Profesor Titular Parasitoloxía. Titulación A, B, C, D.
- Rosa Farto Seguín-Vogal 6. ECIMAT
Autorización de procedementos que requiran experimentación animal
Actualmente necesítanse estes 2 pasos consecutivos para autorización de procedementos de investigación ou docencia que requiran experimentación animal na Universidade de Vigo:
- Solicitude ao Comité de Ética de Experimentación Animal e Órgano habilitado (CEEA-OH) da universidade.
- Solicitude de realización de proxecto á Xunta de Galicia
A continuación amplíase información sobre cada un destes pasos e a documentación necesaria para cada un deles.