Tribunal de Garantías

O Tribunal de Garantías é o comisionado do Claustro da Universidade de Vigo para a defensa dos dereitos dos membros da comunidade universitaria

O Tribunal de Garantías, para o desenvolvemento das súas funcións, poderá:

  • Esixir, de oficio ou a pedimento da parte interesada, toda a información que considere oportuna para o cumprimento dos seus fins.
  • Presentarlle informes ao Claustro e, se é o caso, propostas de repercusión dos danos estimados.
  • Xestionar, diante dos órganos competentes, a corrección dos defectos observados no seu funcionamento.
  • Requirir do órgano universitario competente a satisfacción do oportuno interese lexítimo.
  • Propoñerlle ao Claustro un voto de censura contra o titular dun órgano unipersoal que, a pesar dos requerimentos, non modifique a súa conduta contraria ao dereito.
  • Actuar como mediador cando sexa requirido.

 

Argimiro Rojo presidente Tribunal Garantías

Argimiro Rojo Salgado

Valedor universitario

Presidente do Tribunal de Garantías

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

rojo@uvigo.es 

rojo.webs.uvigo.es

 

 

  • Ana Belén Martínez Piñeiro
    PAS Biblioteca Central Vigo
    Vogal
  • Guillermo de Oca Cancela
    PAS Escola de Enxeñaría Industrial
    Vogal
  • Francisco Jesús Rey Losada
    PDI-A Escola de Enxeñaría Industrial
    Vogal
  • Sara M.ª Torres Outón
    PDI-B Fac. CC. Sociais e da Comunicación e da Fac. CC. da Educación e do Deporte
    Vogal
  • Mª Belén Priego Iglesias
    Secretaria do Valedor Universitario

Calquera membro da comunidade universitaria poderá presentar queixas, reclamacións ou consultas, individuais ou colectivas ante o Tribunal de Garantías. Presentaranse por escrito en calquera rexistro da Universidade de Vigo ou enviaranse por correo, e figurarán os datos persoais e a sinatura da ou das persoas interesadas, o número do DNI e o domicilio para os efectos de notificación.

Condicións mínimas para presentar as queixas

  • Ter recorrido previamente ante as instancias administrativas ou os órganos de goberno.
  • Que non sexan anónimas.
  • Non ter recorrido a instancias xudiciais.
  • Non estar pendentes de expediente administrativo sancionador.
  • Non ter pasado máis de dous meses desde que se tivera coñecemento dos feitos.

Tramitación das queixas

As actuacións do Tribunal poderán iniciarse de oficio ou por instancia de parte. O Tribunal de Garantías, nun prazo máximo de 15 días, xustificará o recibimento das queixas ou reclamacións recibidas e emitirá contestación motivada, respecto de se procede ou non a súa admisión a trámite. En todos os casos, comunicaráselles ás persoas interesadas a motivación que fundamentou a inadmisión. O anterior non impedirá, non obstante, a investigación sobre os problemas xerais suscitados por estas queixas.

Podes atopar un modelo de instancia ao final da páxina, na sección de Documentación Asociada.

 

Discursos do defensor universitario (DU)

Publicacións e relatorios do defensor universitario 

Convenios

 

 

Máis información:

Edificio Filomena Dato, 2º andar
As Lagoas, Marcosende
36310, Vigo 
+34 986 813 830 | +34 986 813 829
tgarant@uvigo.es 

Documentación asociada

Modelo de instancia [PDF]194.67 KB