O reitorado

O reitor/a é a máxima autoridade académica da Universidade e ostenta a súa representación.

O reitor/a exerce a dirección e impulso, o goberno, coordinación e supervisión da actividade e funcionamento da Universidade, desenvolvendo as liñas de actuación aprobadas polo Claustro Universitario e o Consello de Goberno e executando os seus acordos. 

O reitor/a da Universidade de Vigo é elixido mediante elección directa e sufraxio universal, de entre as persoas funcionarias en activo do corpo de catedráticas e catedráticos da Universidade que presten servizos nela. O voto para a elección a reitor/a será ponderado polos distintos sectores de la comunidade universitaria. O procedemento para a súa elección, duración de mandato e os supostos de substitución veñen marcados polos estatutos da Universidade. 

Para o desenvolvemento destas funcións conta co apoio dun equipo de goberno formado por sete vicerreitorías, unha secretaría xeral e unha xerencia.


 

Os contidos desta páxina xestiónaos