Luis Espada Recarey

(1989-1994)

Luis Espada Recarey, nado en A Coruña en 1940, é doutor en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e en Química Aplicada pola Universidade de Manchester. A súa vida profesional, dedicada sempre á docencia e á investigación, comezou no Consejo Superior de Invesigaciones Científicas onde estivo sete anos. Posteriormente foi membro do Padroado de Igualdade de Oportunidades, do British Council e das Forzas Aéreas dos Estados Unidos. 

Tras volver a Vigo, foi catedrático de Enxeñaría Química na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais. Foi vicerreitor da USC e delegado do reitor no campus de Vigo, dirixindo o proceso de segregación e creación da Universidade de Vigo, da que foi o seu primeiro reitor entre 1989-1994. 

Foi presidente do Tribunal de Garantías da Universidade de Vigo e na actualidade é profesor Emérito da mesma.  En 2002 foi nomeado valedor do cidadán do Concello de Vigo.

Ten recibido numerosos galardóns entre os que se contan o título de Vigués Distinguido (1990), a medalla da Cidade de Vigo (1994), a medalla Castelao (2011) e a medalla Amigo Distinguido (2014) outorgada pola asociación Alumini Universidade de Vigo.  

Os contidos desta páxina xestiónaos