O Reitor

Salustiano Mato

 

 

 

 

Dr. D. Salustiano Mato de la Iglesia

Catedrático de Universidade de Zooloxía

Facultade de Bioloxía

 

 

 

 

 

 

É Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e, tras realizar un postdoutoramento nas universidades de Cornell e Rutgers de Estados Unidos, no eido da compostaxe, foi profesor da Escola Técnica de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo así como na da Facultade de Ciencias de Ourense.

Dende o ano 2000 exerce como catedrático de Zooloxía no Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, con docencia na Facultade de Bioloxía.

Publicou máis de cen traballos científicos no seu ámbito de especialización, a Ecoloxía do Solo e o Tratamento de Residuose conta con dúas patentes.

O seu interese e experiencia profesional céntrase no mundo universitario, no que ten desenvolvido diversas responsabilidades. Foi Vicedecano da Facultade de Ciencias de Ourense, Director do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, Decano da Facultade de Ciencias de Vigo e, posteriormente, Vicerreitor de Investigación da Universidade de Vigo, entre os anos 1998 e 2005. 

Tras unha paréntese no período 2005-2009 no que exerceu o cargo de Director Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación na Xunta de Galicia, reincorpouse á Universidade, sendo elixido en 2010 reitor da Universidade de Vigo e reelixido en 2014.

Formou parte da Executiva da Sectorial de I+D+i da Conferencia de reitores das Universidades Españolas, ostentando na actualidade o cargo de Presidente da Comisión sectorial de Secretarías Xerais da CRUE. Exerce tamén a presidencia da Conferencia de Rectores de Universidades del Suroeste Europeo (Crusoe) e a do Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Portugal. 

 

Axenda do reitor

Os contidos desta páxina xestiónaos