O 9 ás 9

El día 9 de cada mes, ás 9.00 horas, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, dedicará unha hora a responder as preguntas dos membros da comunidade universitaria.
As persoas que lle queiran trasladar algunha cuestión en directo ao reitor, sobre calquera asunto do ámbito universitario, ou simplemente seguir o chat, poderán facelo na sala «O 9 ás 9» de Campus Remoto.
As preguntas para o reitor poderanse formular:
- Escribíndoas no chat.
- Empregando o micrófono e a cámara.
- Enviándoas por correo ao enderezo electrónico 99@uvigo.gal ata o día da emisión.
Avisarémosvos de calquera cambio na programación a través do Portal de avisos da UVigo.




