A reitora

Carmen García Mateo, reitora
É enxeñeira de Telecomunicación (1987) e doutora en Enxeñaría de Telecomunicación pola Universidad Politécnica de Madrid (1993). A súa investigación céntrase na tecnoloxía da fala en galego e castelán, a segmentación de audio, o recoñecemento biométrico e a detección por voz de enfermidades neurodexenerativas.
É catedrática da Área de Teoría do Sinal e Comunicacións na Universidade de Vigo e responsable do Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM). Foi vicerreitora de Titulacións e Converxencia Europea (2006–2010), coordinou o Programa de doutoramento en tecnoloxías da información e comunicacións (DocTIC) de 2012 a 2019 e dirixiu o Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións entre 2017 e 2019.
Dirixe e coordina proxectos competitivos e teses doutorais e presentou máis de 150 publicacións en revistas e congresos internacionais. Participa regularmente en iniciativas de formación, promoción e divulgación para reforzar a presenza feminina en carreiras de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM).
Entre os seus proxectos destacan Cotovía (primeiro conversor texto-voz bilingüe en galego e castelán), VOGATEL e FalAI (recollida de voz en galego para o adestramento de sistemas conversacionais), COPERIA (detección de covid persistente mediante a análise acústica de tose e voz) e VISIA (sentinela de risco de suicidio en adolescentes baseado en intelixencia artificial).
En 2014 recibiu o premio Josefa Wonenburger da Xunta de Galicia pola súa traxectoria en ciencia e tecnoloxía. Foi membro do plenario do Consello da Cultura Galega de 2016 a 2024 e coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación de 2018 a 2024.
Organización
Delegación da reitora na CiUG
- A delegada da reitora na Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) desenvolve as atribucións ás que fai referencia o artigo 16 do Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, como responsable da comisión organizadora das probas de acceso á universidade. Ademais, en Galicia, son competencia da CiUG os procesos de acceso e de admisión ás tres universidades públicas galegas, en virtude da orde do 24 de marzo de 2011. O traballo está organizado atendendo aos principios de distrito único, autonomía universitaria, coordinación do proceso e xestión integral baixo a idea xeral de modelo conxunto con procedementos idénticos e únicos para todo o distrito.
M.ª del Carmen Cabeza Pereiro
Delegada da reitora na CiUG
delegada.ciug.uvigo@cisug.gal
Dirección da Unidade de Diversidade
- Atender a diversidade sexual e de xénero (colectivo LGTBIQA+), así como outros colectivos infrarrepresentados, de tipo étnico-cultural e outros.
- Coordinar as situacións de discapacidade e de necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) integradas no Servizo de Extensión Universitaria (atención ao estudantado).
Raquel Rey Vilas
Directora da Unidade de Diversidade
+34 647 343 033
infodiversidade@uvigo.gal
Secretaría
- Carmen Estévez Caamaño
Xefa da Secretaría do equipo de goberno
+34 986 813 590
sreitoria@uvigo.gal
- María Calle Sierra
Secretaría do reitor
+34 986 813 618
seg.reitoria@uvigo.gal - María Rodríguez Martín
Secretaría do reitor
+34 986 813 590
seg.reitoria@uvigo.gal
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 590
sreitoria@uvigo.gal




