Man que sostén un paxaro de papel

Estratexia internacional

No contexto global no que nos atopamos actualmente, é positivo participar en redes internacionais, consorcios estratéxicos, alianzas de coñecemento, programas de mobilidade nacional ou internacional. Isto permite que o estudantado, persoal docente e investigador e personal de administración e servizos interactúe con persoas de diferentes culturas e adquira así a capacidade necesaria para saír da súa zona de confort, aprender a competir con ética e obter ou mellorar as habilidades necesarias para superar retos. 

Realizar estudos e prácticas no estranxeiro non serve unicamente para mellorar o currículo, senón que tamén ofrece unha serie de vantaxes adicionais, como aprender idiomas, coñecer culturas diferentes, adquirir independencia, crear redes personais e profesionales etc. É unha experiencia vital!


I Plan de internacionalización

Co fin de conseguir un maior nivel de internacionalización na institución, o I Plan de internacionalización da Universidade de Vigo céntrase nos siguientes obxectivos:

  1. Fomento da cooperación internacional a través de acordos con institucións estranxeiras, promoción de dobres titulacións internacionais e titulacións conxuntas, internacionalización na casa, pertenza a organismos e a redes internacionais etc.
  2. Promoción da mobilidade dentro e fóra de Europa, sempre cunha perspectiva sostible e inclusiva: programa Erasmus+, bolsas propias, SICUE, GE4, ISEP, Vulcanus etc.
  3. Captación de talento internacional e creación dun Welcome Centre.
  4. Mellora do plurilingüismo na universidade a través de programas de docencia en inglés, materias English Friendly, cursos formativos en linguas e cultura etc.
  5. Pertenza á Universidade Europea ATHENA.

 

 

Máis información:

Vicerreitoría de Internacionalización
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
internacional@uvigo.gal

Instagram ​​​Linkedin ​​​​​