Alumna internacional na Universidade de Vigo

Estudantes entrantes

Na Universidade de Vigo ofrecémoslle diversas posibilidades ao estudantado internacional en función das súas preferencias: estudante de intercambio nacional ou internacional, estudante visitante ou estudante regular. 


Programas nacionais
 

SICUE

O Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios de España (SICUE) permite cursar un semestre ou un ano completo nunha universidade española, un período recoñecido de estudos en virtude dos convenios asinados. A convocatoria publícase no mes de febreiro de cada ano.

De seguido podes consultar a relación de prazas ofrecidas pola Universidade de Vigo no marco do programa SICUE, así como a oferta e as condicións para a realización de prácticas e de traballos fin de grao (TFG) :

Se queres máis información, podes contactar con:

sicue@uvigo.gal
+34 986 81 35 92

 


Programas internacionais

 

Estudantes de intercambio

Requerimentos

  • Se desexas vir estudar á UVigo nesta modalidade, o primeiro paso é asegurarte de que existe un acordo específico entre a túa universidade de orixe e a UVigo na titulación que queres cursar aquí.
  • Unha vez confirmada a existencia de convenio, deberá ser a túa universidade quen nos comunique a túa nominación, confirmando a túa situación de estudante Erasmus ou doutros programas de mobilidade internacional.

Procedemento

Unha vez recibida a túa nominación, a Oficina de Relacións Internacionais comprobará se é aceptada de acordo co convenio bilateral establecido. Ao cabo duns días a universidade de orixe, así como cada estudante (en CCO) recibirá un correo electrónico de confirmación da nominación e instrucións sobre cómo realizar a súa solicitude en liña no portal de mobilidade entrante. 

Portal de mobilidade entrante

Estudantado de grao

  • DNI ou pasaporte.
  • Escrito da Oficina de Relacións Internacionais na universidade de orixe confirmando a túa selección para realizar unha estadía de intercambio na UVigo.
  • Tarxeta sanitaria europea ou póliza de seguro de saúde equivalente.

Estudantado de mestrado ou de doutoramento

  • DNI ou pasaporte.
  • Escrito da Oficina de Relacións Internacionais na universidade de orixe confirmando a túa selección para realizar unha estadía de intercambio na UVigo.
  • Tarxeta sanitaria europea ou póliza de seguro de saúde equivalente.
  • Copia do título de grao ou do historial académico no que se demostre ter, cando menos 180 créditos ECTS superados.

Prazos

Deberás ter en conta a data límite para as solicitudes, xa que non se aceptarán as solicitudes presentadas fóra de prazo.

Estadías anuais ou do 1.º cuadrimestre: do 31 de marzo ao 18 de xuño

Estadías do 2.º cuadrimestre: do 31 de agosto ao 31 de outubro

​​​​​​Tras a recepción da solicitude e logo da comprobación da documentación achegada, a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade de Vigo remitirá á persoa solicitante un correo electrónico de benvida coa súa carta de aceptación adxunta asinada electronicamente.

 

Xornadas de bienvenida e proba de nivel de español
Durante a primeira semana de setembro daremos a benvida ao novo curso e aos estudantes internacionais que comezan unha nova etapa con nós.

Consulta os detalles do evento no teu campus e lembra que tamén realizaremos o test de nivel de español.

 

Descarga a guía do estudante entrante

 

A oficina encargada da mobilidade internacional na universidade de orixe deberá encher o seguinte formulario en liña cos datos de cada estudante nominado.

  • As nominacións enviadas por correo electrónico ou correo postal non serán aceptadas.
  • Soamente aceptaremos as nominacións enviadas pola Oficina de Relacións Internacionais de orixe ou un membro do persoal da dita universidade.

Se tes algunha dúbida sobre o formulario de nominación, non dubides en contactar con nós en incoming.ori@uvigo.es.

Estadías anuais ou do 1.º cuadrimestre: do 15 de marzo ata o 26 de maio

Estadías do 2.º cuadrimestre: desde agosto ata o 15 de outubro

Unha vez recibidas as nominacións, a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) comprobará se son aceptadas de acordo co convenio bilateral establecido e enviará un correo electrónico aos estudantes nominados coas instrucións sobre como realizar a súa solicitude en liña.

consulta a nosa folla de datos

 

Na UVigo cada facultade ten o seu propio persoal coordinador académico, que é responsable dos asuntos académicos específicos.

Consulta ao coordinador/a da túa facultade (na que estudarás a maioría dos cursos) pola sinatura do contrato de estudos e todas aquelas cuestións académicas que teñas.

Contrato de estudos e outras cuestións académicas

O contrato de estudos é o documento académico que conten a equivalencia dos cursos ou créditos que completou no estranxeiro, que deben ser recoñecidos pola súa institución de orixe.

  • Asegúrate de que o contrato de estudos esté asinado por ti e a túa universidade antes de envialo por correo electrónico ao coordinador académico da túa facultade na UVigo.
  • Non envíes a versión orixinal do contrato de estudos (da túa universidade de orixe) por correo ou email á Oficina de Relacións Internacionais.

Atención: Soamente o persoal coordinador académico (das universidades de orixe e destino) está autorizado para asinar o contrato de estudos.

Para elaborar o teu contrato de estudos necesitarás consultar a nosa oferta académica e as guías docentes das materias. Tamén che pode interesar coñecer a nosa oferta de materias en inglés, así que podes acceder ao catálogo de materias de grao e máster impartidas na Universidade de Vigo. Esta ferramenta permíteche filtrar por idioma, curso, cuadrimestre e facultade ou escola.

Ir ao catálogo
 

A universidade tamén conta cun programa de materias English Friendly, que se imparten nos graos oficiais da UVigo en castelán e/ou galego, pero nas que os seus profesores adquiren os seguintes compromisos:

  • Indicar o carácter English Friendly na guía docente da materia
  • Traducir a guía docente ao inglés
  • Facilitar materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, se así o demandase o/a estudante internacional
  • Atender as titorías en inglés, se así o demandase o/a estudante internacional
  • Deseñar e realizar probas e avaliacións en inglés, se así o  demandase o/a estudante internacional

Materias English Friendly
 

Tamén podes consultar a información que se atopa nas seguintes ligazóns: 


Ten en conta que deberás elixir a maioría de materias na facultade ou escola chamada «centro de referencia» na túa carta de aceptación. É importante que comprobes que as materias elixidas se imparten no período correspondente á túa estadía:

  • 1 C = 1.º cuadrimestre (de setembro a xaneiro)
  • 2 C = 2.º cuadrimestre (de febreiro a xuño)

Unha vez que  completes e envíes debidamente o formulario de solicitude en líña, recibirás un correo electrónico confirmando a recepción da túa solicitude.

Descrición do sistema de calificacións:

  • Matrícula de Honra (10)    
  • Sobresaínte (9-9.9)   
  • Notable (7-8.9)         
  • Aprobado (5-6.9)         
  • Suspenso (0-4.9)     
  • Non presentado      
     
ECTS % de estudantes que conseguen a nota con éxito Descrición
A 10 EXCELENTE - rendemento excepcional con pequenos erros
B 25 MOI BEN - por riba da media pero con algúns erros
C 30 BEN - en xeral, un bo traballo con varios erros notables
D 25 SATISFACTORIO - deficiencias xustas pero significativas
E 10 SUFICIENTE -  o rendemento cumpre os criterios mínimos
FX - SUSPENSO - é necesario un esforzo adicional antes de que se poida conceder o crédito
F - SUSPENSO – é necesario un traballo adicional considerable

 

Estudantes de prácticas

En que consisten?

Un período de prácticas Erasmus+ no estranxeiro permíteche realizar unha estadía de prácticas como parte do teu título.

Se queres facer prácticas nun dos departamentos ou laboratorios de UVigo, debes acordar previamente co teu titor (coordinador de prácticas) as datas exactas do teu período de prácticas.

Na UVigo cada facultade ten o seu propio coordinador/a Erasmus. Esta persoa pode axudarte a atopar unha persoa titora. 

Como solicitalas?

Unha vez alcanzado devandito acordo, deberás achegar os seguintes documentos, xunto co formulario en liña:

  • Copia do DNI/Pasaporte.
  • Contrato de estudos para prácticas (learning agreement for traineeships) debidamente cuberto e asinado polo estudante, a persoa titora académica na institución de orixe e a persoa responsable do departamento ou servizo da Universidade de Vigo no que se vaian a realizar as prácticas. Deben indicarse as datas exactas nas que se vai a realizar a estadía (dd/mm/aaaa - dd/mm/aaaa).
  • Proba de ter contratado un seguro válido en España con cobertura sanitaria, de accidentes e repatriación.

O formulario de solicitude pode enviarse en calquera momento. Non é necesario axustarse aos prazos indicados para estudos. 

Admisión

Tras a recepción da solicitude e logo da comprobación da documentación achegada, a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade de Vigo remitirá á persoa solicitante un correo electrónico de benvida coa súa carta de aceptación adxunta.

 

Estudantes visitantes

Se a túa universidade de orixe non ten un acordo de intercambio coa Universidade de Vigo e aínda queres estudar na UVigo por un período ou un ano académico enteiro, podes facelo solicitando estudar como estudante internacional visitante.

Este programa permíteche matricular en diferentes cursos sen obter un título, pero ao final da túa estadía recibirás unha certificación dos créditos obtidos. De volta á universidade de orixe, podes solicitar a validación dos cursos que tomaches.

Prezos públicos

O estudantado visitante deberá aboar:

  • Os prezos por servizos académicos correspondentes aos créditos dos que se matricule e serán os establecidos oficialmente cada curso acádemico pola Xunta de Galicia.
    Consulta os prezos públicos.
  • Os prezos establecidos en concepto de servizos administrativos.
  • Os prezos correspondentes á xestión administrativa (400€ no caso de estadías cuadrimestrais ou 800€ no caso de estadías de curso completo).

Nota: O estudantado deberá facer efectivo o pagamento dos prezos públicos nun só pagamento ao inicio do curso.

Documentos necesarios

O estudantado deberá presentar os seguintes documentos:

  • Formulario de solicitude
  • Carta de motivación en castelán ou galego
  • Fotocopia do DNI ou pasaporte
  • Documento acreditativo do coñecemento de castelán ou galego
  • Certificación académica dos estudos universitarios que realiza ou realizou na universidade de orixe
  • Proba de posuír un seguro médico válido en España
  • Autorización da Universidade de Orixe

Datas límite de solicitude

Para estadías do curso académico completo (setembro-xullo) ou do primeiro cuadrimestre (setembro-xaneiro) pode presentar a súa solicitude de admisión ata o 31 de maio do ano en curso. Para estadías durante o segundo cuadrimestre (febreiro-xullo) poderá presentarse ata o 15 de outubro do ano anterior.

A notificación da admisión correspóndelle á Oficina de Relacións Internacionais, tras a aceptación pola persoa responsable do centro no que desexe matricularse o estudante.

Matrícula

O estudantado visitante estranxeiro poderá matricularse nesta modalidade durante un máximo dun curso académico. Con carácter xeral, deberán matricularse dun mínimo de 10 e dun máximo de 60 créditos europeos ECTS.

Poderá autorizarse a matrícula en calquera materia das ofrecidas na Universidade de Vigo. Poderá limitarse ou excluírse o acceso a determinadas materias, polas súas especiais características ou pola necesidade de impartirse en grupos reducidos.

O estudantado deberá estar en posesión do nivel de estudos suficiente ao das materias que solicite cursar.

 

Estudantes regulares

Se o que queres é cursar estudos conducentes á obtención dun título oficial de grao, máster ou doutoramento en calidade de estudante regular (non de intercambio), deberás consultar a información de acceso aquí.

 

Información xeral


Para calquera das modalidades, velaquí toda a información que debes coñecer para realizar a túa estadía na Universidade de Vigo. 
 

A UVigo está inmersa nun proceso de dixitalización dos procesos administrativos relacionados coa organización da mobilidade internacional co fin de axilizar o intercambio de datos académicos entre estudantes e universidades colaboradoras.

Esta dixitalización realízase a través da rede Erasmus Withouth Papers e na UVigo tradúcese no uso da aplicativo moveON para toda a xestión de solicitudes, aceptación e rexeitamento de prazas de mobilidade, así como a creación do contrato de aprendizaxe.

Accede ao portal para rexistrarte como estudante entrante da UVigo.

Portal de mobilidade entrante

Aquí poderás consultar os calendarios académicos dos distintos cursos:

 A continuación presentámosche as diversas opcións de aloxamento para que poidas realizar os teus estudos na Uvigo

Opcións de Aloxamento

Ademais, a asociación ESN Vigo ofrece axuda á hora de buscar aloxamento. Contacta con eles: info@esnvigo.org
 

Erasmus Student Network (Red de Estudiantes Erasmus, ESN polas súas siglas en inglés) é unha das maiores asociacións interdisciplinares de estudantes de Europa. Naceu o 16 de outubro de 1989 e rexistrouse legalmente en 1990 para apoiar e desenvolver o intercambio de estudantes.

Está presente con 520 secciones en 44 paises, aínda que a rede está evolucionando e expandindose constantemente.

ESN traballa pola creación dun entorno educativo máis móbil e flexible, mediando a colaboración e o desenvolvemento dos intercambios de estudantes a diferentes niveis, e proporcionando unha experiencia intercultural tamén a aqueles estudantes que non poden acceder a unha estancia no estranxeiro (" internacionalización en casa").

ESN Internacional desenvolve, desde a súa Sede Central en Bruselas, un gran número de ambiciosos proxectos como a ESNSurvey (“Encuesta ESN”) sobre os dereitos dos estudantes de intercambio, ou a ESNcard.

ESN Vigo fundouse o 5 de novembro de 2009. En setembro de 2010 comezou pouco a pouco coa actividade no campus de Pontevedra e dous anos despois, a finais de 2012, creouse para o campus de Ourense, completando así a súa presenza no campus de Pontevedra. tres cidades amparadas pola Universidade de Vigo.

Desde entón, ESN Vigo non deixa de crecer como unha familia cada vez máis unida (e máis numerosa), con membros de diferentes xeracións, traballando e esforzándose para que calquera estudante de intercambio se sinta como na casa.

As clases impártense maioritariamente en castelán ou galego, a elección do/da docente responsable da materia. Tamén contamos cunha oferta de materias en inglés e outras, chamadas "English Friendly" que se ofertan en castelán ou galego, pero na que o profesorado facilita contidos en inglés.

As/os estudantes que desexan estudar na Uvigo, deben ter un bo nivel de español ou inglésEn xeral, é moi recomendable ter un nivel mínimo equivalente a un B1 de español para lograr un bo aproveitamento académico e un nivel B2 de inglés para as materias que se imparten nese idioma. Os nosos programas de grao e mestrado impártense principalmente en español/galego.

É imprescindible que o estudantado estranxeiro posúa un seguro médico con validez en España.

Os estudantes da Unión Europea poden utilizar a súa tarxeta sanitaria europea. Os estudantes do resto do mundo deberán contratar un seguro con validez en España.

Recomendámoslle a todo o estudantado que contrate un seguro médico internacional con calquera compañía de seguros, que inclúa a cobertura de accidentes, o traslado sanitario internacional, a asistencia en viaxes, a repatriación en caso de accidente ou enfermidade grave, defunción etc.

A UVigo negociou coa compañía de seguros ONCAMPUS unha cobertura moi ampla para estudantes internacionais cunha única cota por período e que resulta bastante asequible. Se che interesa, podes contratalo directamente coa compañía a través do seu sitio web (lembra seleccionar a UVigo entre as opcións dispoñibles): Oncampus-estudia.

Unha vez en España, os estudantes procedentes da Unión Europea deberán acudir a un centro de saúde da Seguridade Social (ver enderezos) coa súa tarxeta sanitaria europea, onde lles asignarán un médico xeral.

Os estudantes que non pertenzan a países da Unión Europea deberán informarse no seu país de orixe dos hospitais e dos centros de saúde cos que a súa compañía aseguradora ten acordos en España. Xeralmente, neste último caso, o estudante asume os gastos sanitarios e posteriormente solicítalle o reembolso destes á súa compañía de seguros.

O sistema sanitario público español non cobre os gastos médicos dos cidadáns de países de fóra da Unión Europea. No caso de que se dirixan ao sistema médico público, deberían ter que pagar a atención e o prezo será maior que o dun centro médico privado, porque o sistema público está saturado.

 

Principais centros de saúde e hospitais

Pontevedra

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra
Rúa de Mourente s/n
36071 Pontevedra
+34 986 800 000

Localización 

Oferta asistencial

Centros de saúde

Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo
Carretera de Clara Campoamor 341
36310 Vigo
+34 986 816 000
https://xxivigo.sergas.gal

Localización 

Oferta asistencial

Centros de saúde

Ourense

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense 
Rúa de Ramón Puga Noguerol, 52
32005 Ourense
+34 988 385 500

Localización 

Oferta asistencial

Centros de saúde

Ao principio de cada cuadrimestre o Centro de Linguas (CDL) organiza Cursos de español como lingua estranxeira para o estudantado de intercambio. Estes cursos están orientados a proporcionar os coñecementos básicos da Lingua española para facilitar a integración académica e social do estudantado internacional non hispano-hablante. Impártense todos os niveis.

Nota: Ao principio de cada cuadrimestre teñen lugar as probas de nivel.

Duración

O curso ten unha duración de 60 horas e comeza en setembro/outubro (para estudantes de curso completo e do 1º cuadrimestre) e en xaneiro/febreiro (para estudantes do 2º cuadrimestre).

​Créditos

O curso dará dereito á obtención de 4 créditos ECTS. Para obter o certificado cómpre asistir, como mínimo, ao 85% das clases e superar un exame final.

É importante subliñar que esta cualificación non figurará no certificado oficial de notas porque non forman parte dos estudios incluidos no programa de grao, master ou doutoramento

O diploma acreditativo deberá ser recollido no Centro de Linguas antes de abandonar a UVigo.

 

Para máis información, podes contactar con: 

Centro de Linguas
centrodelinguas@uvigo.gal
+34 986 812 250

 

Os dous idiomas oficiais en Galicia na Universidade e na Administración son o galego e o castelán.

Desde a Área de Normalización Lingüística ofrecemos o Curso de iniciación á lingua galega para estudantado de programas de intercambio. É un curso de lingua e cultura galegas, con clases virtuais síncronas, gratuíto, de 40 horas de duración, validado con 1,3 ECTS e recoñecido cun diploma expedido pola Universidade de Vigo.

Ollo!: Esta cualificación non aparecerá na túa certificación oficial de notas porque estes estudos non están incluídos nos programas de grao, máster ou doutoramento.

 

Para máis información, podes contactar con:

Área de Normalización Lingüística
anl@uvigo.gal
+34 986 813 574

 

1.- Certificado de Rexistro de cidadáns da Unión. Oficina de Estranxeiría: estudantes Erasmus nacionais da Unión Europea e estados asociados

Infórmase de que a cidadanía dos estados membros da Unión Europea, dos restantes estados parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo (Noruega, Islandia e Liechtenstein) e da Confederación Suíza que vaia permanecer en España por máis de tres meses, está obrigada a solicitar ante as Comisarías de Policía Nacional da provincia onde pretenda permanecer ou fixar a súa residencia, a súa inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros. Alí expediráselle un certificado de rexistro que lle permitirá acreditar o seu dereito de residencia en territorio español.

O estudantado Erasmus tamén está incluído nesta obriga. A documentación necesaria para a inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros é:

  • Impreso de solicitude en modelo oficial por duplicado, debidamente cuberto e asinado polo/a estudante.
  • Matrícula do centro de ensino público ou privado, recoñecido ou financiado pola administración educativa competente.
  • Documentación que acredite dispor dun seguro de enfermidade público ou privado. Poderá achegarse a tarxeta sanitaria europea con validez durante todo o período de residencia e habilite a recibir as prestacións sanitarias necesarias dende un punto de vista médico, tendo en conta a natureza das prestacións e a duración prevista.
  • Declaración responsable de posuír recursos suficientes para si e para os membros da súa familia, durante o período de residencia en España.

Considérase suficiente para o cumprimento destes requisitos a presentación da documentación acreditativa de participar nun programa da UE que favoreza o intercambio educativo para estudantes e docentes.

A inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros realízase nas COMISARÍAS DE POLICÍA NACIONAL DA PROVINCIA de residencia do/da estudante.

Unha vez achegada a documentación na Comisaría correspondente, o/a estudante recibe un número NIE temporal para que efectúe o pagamento da taxa correspondente (aproximadamente 10 €) en calquera banco ou caixa de aforros.

Tras realizar o pagamento, é necesario volver á Comisaría de Policía Nacional onde recibirá definitivamente o documento oficial do NIE e, polo tanto, considerarase rematado o trámite.

Máis información:
Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social
Folleto informativo

2.- Mobilidade cara España de estudantes extracomunitarios de ensino superior (ERASMUS) titulares dunha autorización para estudos expedida por outro estado membro.

Os estudantes que posúan unha autorización válida expedida por outro Estado membro, de conformidade coa Directiva (UE) 2016/801 e que participen nun programa da Unión Europea ou multilateral, terán dereito a entrar e permanecer en España, durante un período de ata 360 días, a fin de realizar parte dos seus estudos nunha institución de educación superior española, previa comunicación á Delegación do Goberno ou Subdelegación na provincia na que vaia a iniciarse a actividade.

A comunicación realizarase pola institución de educación superior española con anterioridade á entrada no territorio español ou, como máximo, no prazo dun mes desta. Deberá indicar as datas de mobilidade e a duración prevista. Coa comunicación deberase achegar:

  • Copia do pasaporte completo ou documento de viaxe en vigor do/da estudante.
  • Copia da autorización expedida polo primeiro Estado membro, que deberá abarcar o período total de mobilidade.
  • Proba de que o/a estudante está realizando parte dos seus estudos no marco dun programa de mobilidade ou dun acordo entre dous ou máis institucións de ensino superior.
  • Proba da súa admisión por unha institución de educación superior española.

Para facer dita comunicación necesitamos que o estudantado, na súa chegada á Universidade de Vigo, nos remita ao enderezo incoming.ori@uvigo.gal a seguinte documentación en formato PDF:

  • Pasaporte (non é necesario se xa se achegou o mesmo documento co formulario de solicitude).
  • Copia da autorización expedida polo primeiro Estado membro, que deberá abarcar o período total de mobilidade.
  • Enderezo e teléfono en España (Vigo, Ourense ou Pontevedra).

3.- Rexistro na Oficina de Estranxeiría: estudantado extracomunitario procedente de universidades de países extracomunitarios

Para poder entrar e permanecer como estudante en España, debes solicitar o visado de estudos na Misión Diplomática ou Oficina Consular española no país ou demarcación no que residas.

Os documentos mínimos necesarios para a solicitude do teu visado de estudos son:

  • Impreso de solicitude de visado nacional, en modelo oficial, por duplicado, debidamente cuberto e asinado. O dito impreso pode descargarse gratuitamente desta páxina web ou ser obtenido, nas Misións Diplomáticas ou Oficinas Consulares de España no estranxeiro.
  • ​​​​Pasaporte completo e en vigor ou título de viaxe, recoñecido como válido en España, con vixencia mínima do período para o que se solicita a estadía.
  • Documentación acreditativa de dispoñer de medios económicos necesarios para o período para o que se solicita a estadía e para o retorno ao país de procedencia.
  • Documentación acreditativa de dispoñer dun seguro médico.
  • Documentación acreditativa de estar admitido nun centro de ensino.

Se a duración da estadía supera os seis meses:

Na páxina do ministerio podes consultar os enderezos e teléfonos das embaixadas e consulados de España.

Unha vez en España, se a túa estadía por estudos vai ser superior a seis meses, debes solicitar persoalmente a Tarxeta de Identidade de Estranxeiro no prazo dun mes desde a entrada en España.

Para iso debes dirixirte á Comisaría de Policía máis cercana ao teu domicilio e presentar:

  • Solicitude de tarxeta de extranxeiro, en modelo oficial.
  • Xustificante de pagamento da taxa de expedición da tarxeta.
  • Unha fotografía recente en cor, en fondo branco, tamaño carné.

4.- Prórroga da estadía por estudos

Se a duración dos teus estudos é superior a un ano, deberás solicitar e obter unha prórroga da túa autorización de estadía na Comisaría de Policía máis cercana ao teu domicilio, se resides en Vigo ou Pontevedra. Se a túa provincia é Ourense, deberás solicitala na Oficina de Estranxeiría (os enderezos están ao final desta páxina).

Prazo de solicitude: durante os 60 días naturais previos á data de expiración de vixencia da autorización. Tamén se poderá presentar dentro dos 90 días naturais posteriores, sen prexuízo da incoación do correspondente procedemento sancionador.

Documentación:

  • Impreso de solicitude en modelo oficial por duplicado, debidamente cuberto e asinado.
  • Pasaporte ou título de viaxe en vigor.
  • Documentación acreditativa de dispoñer de medios económicos necesarios para o período para o que se solicita a estadía e para o retorno ao país de procedencia.
  • Documentación acreditativa de dispoñer de seguro médico.
  • Documentación acreditativa de reunir os requisitos específicos respecto da actividade para a cuxa realización foi autorizado/a a permanecer en España.
  • De ser o caso, documentación acreditativa de ter superadas as probas e continuar cos estudos, a investigación ou formación, as prácticas non laborais ou o servizo de voluntariado.

Tes á túa disposición máis información na páxina do ministerio.

Unha vez concedida a autorización, deberás solicitar no prazo dun mes a expedición da túa nova tarxeta de identidade na Comisaría de Policía ou Oficina de Estranxeiría correspondente.

Oficinas de estranxeiría

Campus de Vigo
Avenida de Cánovas del Castillo, 18
36202 Vigo (Pontevedra)
Plano de localización
trabajo.pontevedra@correo.gob.es

Campus de Pontevedra
Rúa de Michelena, 28
36002 Pontevedra
Plano de localización
extranjeria.pontevedra@correo.gob.es

Campus de Ourense
Rúa do Parque San Lázaro, 1
32003 Ourense
Plano de localización
personal_extranjeria.ourense@correo.gob.es

Comisarías de Policía (Estranxeiría)

Campus de Vigo
Rúa de Álvaro Cunqueiro, 6
36211 Vigo (Pontevedra)

Campus de Pontevedra
Rúa de Joaquín Costa, 17
36001 Pontevedra

Campus de Ourense
Rúa de Mestre Vide, s/n
32004 Ourense

Nota: a Universidade de Vigo non se fai responsable das posibles modificacións que se poidan producir na lexislación española ao respecto unha vez publicada esta información. Polo tanto, recoméndase que o estudantado consulte debidamente as súas obrigas relacionadas coa súa residencia en España, ben nos consulados antes da súa chegada, ou ben na Oficina de Estranxeiría, unha vez en territorio español.

Enlaces interesantes: https://www.studying-in-spain.com/visa-and-entry-requirements-into-spain/ 

A tarxeta universitaria é o documento que identifica a todos os membros da comunidade universitaria. Permite o acceso a diversos servizos: Préstamo de libros en bibliotecas ou acceso a instalacións de uso restrinxido.

Tarxeta Universitaria Intelixente

 

Máis información:

Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo 
+34 986 811 947
incoming.ori@uvigo.gal